Tameiga amplia o seu monte comunal

Este domingo celebrouse unha asemblea extraordinaria da Comunidade de montes de Tameiga. Nun auditorio abarrotado, a veciñanza comuneira aprobou por unanimidade mercar os terreos particulares lindeiros ao monte comunal de Tameiga.

«Con esta gran operación de compra a Comunidade de Tameiga satisface a vella aspiración de ampliar a extensión do monte comunal», sinala Cesar Lago, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga.

A Comunidade destinará un mínimo de 200.000€ para ampliar a extensión do monte comunal de Tameiga. A comunidade iguala o prezo por m2 que está ofrecendo Mouriño e lanza unha oferta de compra efectiva e inmediata, non unha opción de compra a dous anos vista como a que están realizando os promotores do complexo comercial e deportiva.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.