Unha nova sentenza obriga ao peche doutra gasolineira ilegal en Arteixo

Xa son 3 sentenzas xudiciais en 6 meses que anulan as licenzas concedidas polo Concello de Arteixo para a instalación de gasolineiras no municipio. A última afecta á gasolineira construída na Maceira, que Alternativa dos Veciños levaba denunciando desde que tivo coñecemento da súa existencia

As 3 gasolineiras ilegais foron levadas aos tribunais pola Asociación Provincial de Estacións de Servizo. Nesta última sentenza, na da Maceira, a xustiza decreta o cesamento da actividade e a reposición da legalidade. A construción estivo promovida por un coñecido construtor de Arteixo e despois foi vendida a unha empresa kuwaití.

Esta resolución xudicial volve poñer de manifesto o que Alternativa dos Veciños denuncia constantemente, “que non paran de cometerse ilegalidades en Arteixo e que certos construtores teñen manga ancha no Concello”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.