¿Violación na Comarca de Bergantiños?. Por Óscar de Souto

Seguindo o fío da miña investigaciòn xornalística, iniciada na anterior columna, que xorde desa enorme avalancha de rumores destes últimos días nesta Comarca sobre unha presunta agresión sexual a unha moza, sen chegar a necesitar especificar o concello exacto…. Podo xa afirmar que hai unha investigación en marcha, pero tamén debo desmentir que os presuntos abusos ou a presunta violación …..non ocurriron nas festas de Seaia, como asi comenta a población……según me confirman fontes de rigorosa fiabilidade dende o epicentro mesmo dos sucesos acontecidos.

Cando o rio sona ….. auga leva.

E debido a crecente plaga de rumores terxiversando a propiedade exacta dos datos reais que se agochaban tras estas faladurías atopeime nunha encrucillada de camiños, pois, debo confesarvos, que tralos comentarios recibidos despois dese artigo no que, descoñecendo os feitos, tan sò expoñía un resumen neutral das opiniòn xerais da veciñanza comentando arreo e sen datos contrastados sobre a noticia máis comentada neste xaneiro de 2023 en toda A Costa da Morte, sen que trascendese tampouco nin un só renglón en ningunha páxina nin da prensa nin de medio algún, excepto aquí en 21 Noticias,  e eso case me leva a plantexarme deixar a un lado este asunto e pasar a seguinte batalla.

Mais como as dúbidas que eu tiña seguían sen resolverse seguín tirando do fio ata desgranar cada milímetro deste caso. Un caso aberto do que se está encargando a Garda Civíl e unha Unidade Criminalística especializada nestes casos en concreto. Lamentablemente, non podo dar mais información, en primeiro lugar, porque xa están as forzas do orden escudriñando minuciosamente estes feitos que, de darse o caso poderían acabar detendo o presunto agresor se as probas son suficientes para levalo a un posible xuicio, e, en segundo lugar, por respeto absoluto  a víctima e a súa familia gardareime o resto dos datos dos que dispoño a día de hoxe, agardando que todo este desgraciado acontecemento remate nun futuro próximo con ese presunto agresor entre reixas. E aquí podemos leer.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.