A Deputación edita un libro compilando a historia das fábricas de gaseosas da provincia desde o século XIX

O autor da obra é o presidente da asociación Gaseosas de Galicia, Juan Carlos Villar Angériz

A Deputación da Coruña  publica o libro “Apuntes sobre a gaseosa na provincia da Coruña”, unha obra do presidente da asociación Gaseosas de Galicia, Juan Carlos Villar Angériz, que pretende rceuperar e dar a coñecer a historia desta industria nas diferentes comarcas da provincia .

Na publicación lévase a cabo unha reconstrución da historia da fabricación de bebidas gasosas desde o século XIX ata a década dos ano 80, apuntando un enfoque etnográfico e etnolóxico. Un percorrido pola historia de factorías, envases e marcas comerciais de outrora, moitas xa desaparecidas, pero que aínda están presentes na memoria de moitos coruñeses.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destaca no prólogo o papel que xoga a Deputación da Coruña na elaboración deste tipo de edicións, que pretenden preservar a historia da provincia, neste caso a través desas pequenas empresas locais produtoras de gaseosas que forman parte da historia de tantas vilas, fabricando bebidas que acompañaron as comidas familiares durante moitos anos.

Gaseosas Obelisco, Chenu, El Hogar, La Deliciosa, Galán, La Barrosa, Los 15 Hermanos, Gasesosas La Salud, La Pilarica, La Bergantiñana, Xeitosa, La Moderna-Junquera, Gaseosas Suárez, Feijoo, Espiña, La Pitusa ou Rianxeira son algunhas das marcas cuxa historia se repasa detalladamente neste libro, que recolle verdadeiras antigüidades do mundo das gaseosas que se despachaban a diario en bares, ultramarinos e pequenos distribuidores e cuxa fabricación supuxo unha pequena revolución industrial no ámbito rural no que case cada pobo tiña a súa fábrica de gaseosas.

2 comentarios

  • Gonsuelo Galán González

    Soy hija de los propietarios de gaseosas Galán, y en la publicación de La Voz indican que se inauguraron en el año 1961, fecha incorrecta, ya que fue a principios de los años 50.

    • María

      Tengo una botella de gaseosa Maruxa con la imagen de una mujer en traje tradicional de Galicia con falda, pañuelo a la cabeza rojo y pañuelo al cuello rojo, al fondo una capilla, un gaitero y tambor. No encuentro referencias ni imágenes similares en Internet. Me gustaría saber de que época es y si fue por una conmemoración especial.
      Un saludo y gracias

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *