A Festa da Androlla de Navia de Suarna consolídase como unha cita referente na provincia

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou hoxe o gran traballo do alcalde de Navia de Suarna, José Fernández, e de todo o seu equipo de Goberno para consolidar a Festa da Androlla como unha cita gastronómica referente na provincia de Lugo

A subdelegada participou esta mañá na feira deste singular embutido “que é un atractivo turístico máis que se suma aos naturais e paisaxísticos deste municipio da Montaña lucense”.

Ao longo da xornada, os asistentes puideron degustar a androlla, así como outros produtos locais, e gozar de música en vivo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *