Felipe Rivas recibe á nova Xefa de Servizo de Educación

O concelleiro destacou o traballo do persoal municipal, “que permite que o traballo da concellería de educación saia de xeito áxil, facilitando a xestión á veciñanza”

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, recibiu á nova xefa do servizo de Educación, María Guerreiro, que vén de unirse ao servizo nos últimos días. Rivas deulle a benvida ao servizo e destacou o traballo do persoal da concellería de Educación, “que permite que todo o traballo se realice de xeito áxil, facilitando os distintos trámites á veciñanza”.

XXVIII Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo

Rivas, anunciou ás gañadores XXVIII certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo. “Apoiamos a creación literaria das mozas e mozos de Lugo, e a súa inclusión na vida cultural”, indicou Felipe Rivas.

O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, que contan con tres premios cada unha. Cada unha das persoas gañadoras recibirá un diploma e un lote de libros, ademais de premios de distintos valores segundo as categorías.

Na categoría de 12 a 14 anos, a gañadora, que recibe un premio valorado en 200€, foi Laura González Blanco, do Colexio Divino Maestro. Na categoría de 15 a 18 anos, Lucía Domínguez Pereira, do Colexio Divino Maestro, recibe o maior premio, valorado en 250€, seguida de Sara Méndez Seijo, do IES Ánxel Fole, con 130€, e con Laura Iglesias Primo, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, na terceira posición, cun premio de 100€. Ademais, entregouse un accésit a Carla López Otero, do IES A Pinguela de Monforte.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *