Paloma Castro cuestiona as actuacións de Seaga na loita contra a velutina

Critica que a empresa semipública teña unha lista longa de supostos de excepcións nos que non actúan, así como a “ausencia” dos programas de prevención
A deputada socialista Paloma Castro cuestionou a actuación da empresa de titularidade semipública Seaga, encargada da prevención e da retirada de niños de velutinas por parte da Xunta, polas súas constantes derivacións á hora de actuar a consecuencia da longa lista de excepcións que teñen, coa consecuencia de que sexan bombeiros ou apicultores voluntarios os que cumpran a función na maioría dos casos.
A representante do PSdeG replicou á directora xeral de Administración Local na súa comparecencia sobre o Programa galego de vixilancia e control fronte á vespa velutina no ano 2022. Castro reprochou que dende que se detectou a presenza desta especie invasora aló polo 2013, a Xunta adicouse a “pasar a pelota dun tellado a outro das consellerías”, pasando dunha por varias delas
Alertou de que o éxito do programa, como defendeu a directora xeral, non pode pasar por retirar cada ano máis niños de velutina, senón pola prevención dos mesmos,. Paloma Castro pediu que “fagan caso aos expertos” e que tomen medidas neste eido para evitar a propagación desta especie.
A deputada socialista puxo enriba da mesa varias solucións baseadas nas recomendacións dos expertos, como adiantar os programas de prevención á primavera, xa que entende que no verán “o dano xa está feito”, ou que se modernice sistema de xeolocalización dos niños, creando un mapa das localizacións pasadas dos mesmos, seguindo o exemplo do País Vasco, xa que o 50% das veces aséntanse nos mesmos lugares.
Tamén reclamou unha actualización do programa de trampeo, que ten case unha década de antigüidade, así como Así como campañas de información á cidadanía e mellorar a formación dos profesionais de Seaga. Outro punto que reivindicou é a petición á Unión Europea de que consideren á velutina oficialmente como praga para que os afectados economicamente teñan acceso a axudas de compensación.