Ponteceso busca o apoio da Xunta para conseguir 80.000m2 de espazo público para aparcamentos e espazos libres

En Ponteceso trátase de desenvolver o plan xeral. O Concello xa mantivo unha reunión con Belén Docampo de Patrimonio Natural para o desenvolvemento do Parque Bouzas, entre a depuradora de Ponteceso e o canal que separa a Trabe de Ponteceso. Patrimonio Natural informou de que hai que facer un estudio para demostrar que o desenvolvemento non afecta a un paxaro protexido, e que a zona ten influencia de augas de Galicia, polo que o Concello xa preparou o documento para Augas de Galicia co desenvolvemento.
A zona completa a desenvolver iría dende a depuradora de Ponteceso ata o edificio do Melga.
Corme, convenio para poder aparcar nas zonas desocupadas do porto
Ponteceso tamén solicita que se poida aparcar no Porto de Corme “igual que se aparca no porto de Malpica, e non se multa a ninguén” en declaracións do Alcalde de Ponteceso. O Concello consultou coa confraría de Corme e, garantindo o respeto das zonas de traballo do sector do mar, e o acceso libre á lonxa nova e as naves do porto, fixo unha proposta de convenio a Portos de Galicia, cunha solicitude de reunión coa señora presidenta Susana Lenguas. “Sobre todo en fin de semana e tempada alta, Corme énchese de visitantes e necesitamos poder aparcar sen medo ás multas”. Este convenio, dará seguridade aos condutores mentres se garante o traballo dos profesionais do mar.
Pazos, colaboración coa igrexa para un aparcamento e espazo libre de 6000m2
En Pazos o Concello colabora coa igrexa na recuperación de 6000m2 anexos á igrexa de Pazos para poder ter un bo aparcamento e espazo libre, ordenado, que permita o aparcamento seguro e a mellora do espazo libre no centro da parroquia.
Nemeño, adquisición dun terreo de 550m2 para ampliar a praza pública
En Nemeño, a petición da moi activa comisión de Festas de Nemeño, o Concello negocia cun particular a adquisición de 550m2 anexos á praza pública anexa á igrexa de Nemeño. “O terreo procede dunha herdanza e nada máis se complete a súa inscrición notarial, o Concello vai adquirir os terreos para o campo da festa, e aparcamento o resto do ano” declarou o Alcalde de Ponteceso.
Con estes catro proxectos, o Concello agarda conseguir máis de 80.000 m2 adicionais para espazo público, para o que pide a colaboración da Xunta de Galicia.
Que pena que en pazos en lugar de buscar pa aparcamento non se mire por aranxar esa casa pa uso como casa para persoas maiores ou algo que permita non tirar o noso patrimonio