A Deputación da Coruña inviste 3,5 M€ para crear máis de 400 empregos nos concellos da provincia

por Redacción A Coruña

Un total de 92 concellos percibirán axudas de entre 19.000 e 75.000 euros para a contratación de persoal dedicado a servizos básicos municipais

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a  resolución de concesión das axudas do programa PEL-Concellos, a liña do Plan de Emprego Local (PEL) que permite aos concellos coruñeses contratar a persoas desempregadas para a prestación de servizos básicos municipais.

Este ano, un total de 92 concellos coruñeses recibirán 3.547.620 euros para contratar a máis de 400 persoas durante un período máximo de un ano.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o «carácter social» desta liña do PEL, que «prima a contratación de persoas con especiais dificultades de inserción laboral» e que supón tamén «unha aposta polo mundo rural», xa que o 84% dos fondos (2.964.193 €) concédense a municipios de menos de 20.000 habitantes, proporcionando aos concellos máis pequenos os medios humanos necesarios para poder ofrecer servizos municipais de calidade.  «Cremos no rural e con este programa axudamos a crear postos de traballo e a mellorar os servizos públicos que os concellos ofrecen á veciñanza», afirmou o presidente.

As persoas con maior dificultade para atopar traballo serán a prioridade

Á hora de seleccionar o persoal, os concellos deberán aplicar criterios sociais e dar prioridade á inserción de persoas que pertenzan a colectivos con maiores dificultades para acceder a un posto de traballo.

Así pois, beneficiarase a persoas maiores de 45 anos, desempregadas de longa duración, persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, en risco de exclusión laboral ou mulleres. Ademais, dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Entre 19.000 e 75.000 euros por concello

Os importes que  reciben os concellos de menos de 50.000 habitantes varían en función da porcentaxe resultante de dividir o número de persoas desempregadas en cada concello entre o número total de persoas desempregadas nos concellos de menos de 50.000 habitantes, oscilando as contías entre os 19.000 e os 52.000 euros. Pola súa banda, os concellos da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela optan a unha contía única de 75.000 euros.

Os operarios e operarias, deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas. As axudas destinaranse a sufragar os custos salariais, de Seguridade Social, as indemnizacións por fin de contrato e a formación en materia de prevención de riscos laborais das novas contratacións.

Desde a súa posta, a liña de PEL-Concellos facilitou unha oportunidade laboral a máis de 3.741 persoas desempregadas da provincia.

Aberta a solicitude das liñas PEL para pemes, emprendedores e autónomos

PEL-Concellos é unha das liñas PEL, que contempla tamén tamén axudas para a contratación de persoal en pemes e microempresas, para investimentos que melloren a competitividade dos pequenos negocios, para apoiar o emprendemento e para sufragar ás cotas á Seguridade Social dos profesionais autónomos da provincia da Coruña.

A convocatoria para acceder a estas outras liñas de axudas do PEL para pemes, microempresas, emprendedores e traballadores autónomos está aberta ata o 22 de febreiro.

Máis información en www.dacoruna.gal  e www.pel.gal

 SOLICITUDES PEL-CONCELLOS 2024 CONCEDIDAS

COMARCA DO BARBANZA469.700,21 €
Boiro52.000,00 €
Carnota37.000,00 €
Lousame28.000,00 €
Mazaricos30.999,44 €
Muros46.000,00 €
Noia49.000,00 €
Outes37.000,00 €
Pobra do Caramiñal, A46.000,00 €
Porto do Son43.000,00 €
Ribeira52.000,00 €
Rianxo48.700,77 €
COMARCA DE COSTA DA MORTE-BERGANTIÑOS590.714,19 €
Cabana de Bergantiños37.000,00 €
Camariñas39.747,78 €
Cee49.000,00 €
Cerceda37.000,00 €
Corcubión27.975,51 €
Coristanco46.000,00 €
Dumbría37.000,00 €
Fisterra37.000,00 €
Laracha (A)49.000,00 €
Laxe37.000,00 €
Malpica de Bergantiños40.000,00 €
Muxía36.990,90 €
Ponteceso40.000,00 €
Vimianzo40.000,00 €
Zas37.000,00 €
COMARCA DE CORUÑA-AS MARIÑAS775.516,90 €
Abegondo37.000,00 €
Aranga25.000,00 €
Arteixo52.000,00 €
Bergondo42.917,67 €
Betanzos51.860,40 €
Cambre49.336,53 €
Carral40.000,00 €
Coirós25.000,00 €
Coruña (A)75.000,00 €
Culleredo49.402,30 €
Curtis31.000,00 €
Irixoa22.000,00 €
Mesía25.000,00 €
Miño43.000,00 €
Oleiros52.000,00 €
Oza-Cesuras37.000,00 €
Paderne25.000,00 €
Sada52.000,00 €
Sobrado22.000,00 €
Vilasantar19.000,00 €
COMARCA DE FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL782.000,00 €
Ares43.000,00 €
Cabanas31.000,00 €
Capela (A)25.000,00 €
Cariño37.000,00 €
Cedeira43.000,00 €
Cerdido25.000,00 €
Fene52.000,00 €
Ferrol75.000,00 €
Mañón22.000,00 €
Moeche22.000,00 €
Monfero22.000,00 €
Mugardos40.000,00 €
Narón52.000,00 €
Neda40.000,00 €
Ortigueira40.000,00 €
Pontedeume46.000,00 €
Pontes (As)49.000,00 €
San Sadurniño28.000,00 €
Somozas (As)25.000,00 €
Valdoviño43.000,00 €
Vilarmaior22.000,00 €
COMARCA DE SANTIAGO929.688,85 €
Ames52.000,00 €
Arzúa34.000,00 €
Baña (A)31.000,00 €
Boimorto25.000,00 €
Boqueixón28.000,00 €
Brión46.000,00 €
Dodro31.000,00 €
Frades25.000,00 €
Melide43.000,00 €
Negreira46.000,00 €
Ordes49.000,00 €
Oroso43.000,00 €
Padrón49.000,00 €
Pino (O)31.000,00 €
Rois37.000,00 €
Santa Comba46.000,00 €
Santiago de Compostela74.688,85 €
Santiso25.000,00 €
Teo52.000,00 €
Toques19.000,00 €
Tordoia28.000,00 €
Touro31.000,00 €
Trazo25.000,00 €
Val do Dubra28.000,00 €
Vedra31.000,00 €
TOTAL PROVINCIA3.547.620,15 €

Ligazón ao BOP de hoxe coa resolución do programa PEL-Concellos:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/02/12/2024_0000000990.pdf

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario