A MERP de Galicia reúnese para lanzar a súa campaña: Somos 47 millóns de pensionistas

As organizacións integrantes da Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións (MERP), na comunidade galega vanse a reunir o vindeiro luns 20 de marzo, ás 12 da mañan No Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche de Santiago de Compostela, para planificar as actividades para desenvolver co único obxectivo de esixir que as pensións se blinden na Constitución como un dereito fundamental.
Unha vez formada a plataforma a nivel autonómico como núcleo coordinador da MERP -que está formada por máis de 500 organizacións e conta co respaldo de numerosas personalidades e profesionais- cuxo único punto común é blindar as pensións na Constitución, unha reforma constitucional que garanta as pensións como un dereito fundamental e que prohiba a súa privatización, parcial ou totalmente, e a perda de poder adquisitivo.
A primeira decisión será a instalación de mesas de recollidas de firmas de maneira conxunta das organizacións presentes -ademais da propia actividade que cada unha leva a cabo desde hai tempo- polo que a MERP xa entregou 2,6 millóns de firmas en toda España.
A segunda decisión será a entrega de firmas a unha institución da comunidade; así como a presentación de solicitudes de declaracións institucionais ou de mocións de apoio á blindaxe das pensións no Parlamento autonómico e nos concellos.
E a terceira decisión será a planificación nas mobilizacións e as actividades que a MERP estatal está a promover coa presentación en Madrid o vindeiro sábado 25 de marzo da campaña “Somos 47 millóns”, que coincide coa celebración do seu décimo aniversario de existencia.
Unha campaña que fai visible que en realidade somos 47 millóns de pensionistas, presentes ou futuros, dun ou outro sector, cunha mellor ou peor pensión, dun lugar ou outro do país, e de que esta é a esencia mesma das nosas pensións, do que somos, a solidariedade interxeracional e interterritorial.
Confirmaron a súa asistencia á reunión as seguintes organizacións:
ANPE, APT-Coruña, ASOGAPEM, AUGA, C.C.D., Long Hope, PACMA, PUM+J, Recortes Cero, SAE, UDP-Lugo, UEP, USO,