A Xunta aposta polo termalismo para reforzar a imaxe da comunidade como destino de calidade

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación do libro “Termalismo en el oeste de la Península Ibérica”, onde destacou a aposta da Xunta polo termalismo para reforzar a imaxe de Galicia como destino de calidade.

Durante a súa intervención, Nava Castro fixo fincapé na tradición que ten este sector na nosa comunidade, gracias á cal Galicia esta considerada como un dos principais destinos termais de España e tamén no eido internacional, xa que é o segundo lugar de Europa con maiores reservas de augas mineromedicinais, xa que conta con máis de 300.

Neste senso, Nava Castro destacou a aposta feita dende o Goberno galego polo termalismo, poñendo como exemplo a creación dun área de Turismo Termal en Ourense, mediante a cal se diversificará o sector para atraer novos segmentos de poboación, se promoverá a integración do termalismo galego en proxectos europeos de turismo de saúde e se creará unha marca propia que identifique o turismo termal galego.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *