Alternativa dos Veciños anuncia a chegada dunha residencia de maiores a Iñás nos próximos meses

Preto de 150 persoas acudiron a primeira cea fría do partido nesta campaña, na parroquia de Iñás, onde se presentou aos candidatos Jaime Rumbo e Oscar Morlán. Ademáis, Ángel García Seoane calificou Iñás como “centro comercial de Oleiros” e anunciou a chegada dunha residencia de maiores nos próximos meses.

Alternativa dos Veciños de Oleiros celebrou a súa primeira cea fría da campaña electoral na Casa do Pobo de Iñás. Diante de 150 persoas o partido expuxo os seus proxectos para esta localidade de cara os vindeiros catro anos.

Elena Viqueira, en representación da Comisión Local, presentou a lista electoral. Posteriormente, Jaime Rumbo, candidato por esta parroquia e actual Concelleiro de Servizos Municipais, manifestou o seu orgullo de traballar pola súa localidade, e presentou ao outro representante de Iñás na lista, Oscar Morlán.

Na parte final do acto, tomou a palabra o presidente de Alternativa dos Veciños, Angel García Seoane. O actual alcalde de Oleiros asegurou que dende hai anos, Iñás converteuse na zona comercial máis importante do Concello, e anunciou a chegada nos próximos meses dunha residencia de maiores, con 80 prazas dispoñibles. Por outra banda, asegurou que o paseo fluvial que se está crear dende Iñás ata a zona do Seixal, é a “obra crucial para mellorar a mobilidade entre Iñás e Nos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.