Corme, a Parroquia esquencida polo Concello

Unha foto vale máis ca mil palabras. É voz populi que o centro de Corme Porto carece fai 20 anos de áreas de aparcadoiros públicos municipais a pesar das leiras en barbeito na pista de acceso a Roncudo e na entrada da vila. Choca moito que, sen ter unha ordenación de terrazas correcta, con permisos de palabra un local pechado ten terraza parada ocupando plazas públicas.

As queixas veciñais nunca chegan ata o consistorio municipal porque os rumores non teñen oco na prensa e, a pesar dos máis de mil habitantes doas dúas parroquias que conforman Corme Ctiy, Corme Cidade ou Corme Porto e Corme Aldea, o Concello de Ponteceso só se achega ata esta zona para multar os veciños se están mal aparcados pero ninguén se preocupa da ausencia total de prazas de aparcamento na única rúa importante desta vila, a rúa real, que na fin de semana en horas punta ten vehículos en doble fila nos dous sentidos de circulación.

A pesar da crecente importancia que está collendo o ocio nocturno deste punto importante do municipio segue a casa sen barrer. Curioso ademáis esa terraza parada ocupando varias plazas de aparcamento con permiso verbal e con unha máis que dubidosa legalidade municipal que non parece preocuparlle o Excelentísimo Señor Alcalde Tik Tok.

Estes e moitos outros problemóns municipales son só cousa deses veciños que se queixan por todo, eso dí o dirixente pontecesán. Corme merece ter a alguén no Concello que se preocupe certamente polos seus males que nunca ninguén tivo a valentía de arranxar. Corme merece moito máis ¡!!!!!!!!!!!!!!

Aparcamento no centro de Ponteceso na única rúa principal, rúa Eduardo Pondal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.