CUAC FM celebra o seus 27 anos de vida nas ondas

O luns 27 de marzo cúmplense os 27 anos exactos da inauguración. Concertos, inauguración Estudio Rafaela Hervada, liberación do documental “Nada que ver”. O domingo 26 celébrase un concerto da banda Playa Desmayo a beneficio da Cociña Económica na Sala Mardi Gras
O 27 de marzo de 1996 comezaban as emisións de CUAC FM no Campus da Zapateira. Nacía da Radio Universitaria da Coruña, que mudou en Radio Comunitaria aos poucos anos para dar cabida a toda iniciativa individual ou colectiva para realizar un programa de radio.
A pandemia impediu celebrar o 25 aniversario como merecía e agora chega o momento de celebrar o vixésimosétimo con diversos actos.
O sábado 25 ás 10:34 da mañá, xogando co dial da emisora 103.4, quedará dispoñible en aberto na canle de Youtube da emiora e na súa páxina web o documental “Nada que ver. 25 anos de CUAC FM” dirixido por Iago Prada e que foi presentado o pasado ano no Teatro Colón da Coruña.
Ese mesmo sábado pola noite celébrase unha cea e a continuación a Gala dos Oscuacs, unha entrega de premios,con trece galardóns e con ambiente festivo para autopremiarse e festexar que a emisora segue viva, tras múltiples avatares.
O domingo chega o turno da música en directo. A actuación de Playa Desmayo na Sala Mardi Gras será ás 21:30 e toda a recadación do concerto será destinada á Cociña Econóomica. O dúo coruñés de garage punk surf foi elexida Mellor Banda local no XXIV Concurso de CUAC FM o pasado ano. A entrada custa 6€, ainda que se pode donar máis se se desexa.
O luns, día grande do aniversario será un momento emocionante. A emisora recoñece a labor de Rafaela Hervada, a primeira muller en toda España en dirixir unha emisora de radio, Radio Coruña. Uno novo estudio financiado pola Deputación da Coruña levará o seu nome, tendo dende agora tres estudios a emisora: José Couso. Alexandre Bóveda e Rafaela Hervada. Asistirán ao acto familiares da homenaxeada.
Nos seguintes días convocarase o XXV Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM.