Difícil desprazamento para o Calvo Basket Xiria

O Calvo Basket Xiria, pensa en si mesmo, en esforzarse día e día en cada adestramento ou partido, para mellorar en conxunto e ser un mellor equipo para afrontar este tramo final de Liga EBA e acadar a permanencia

Semana complicada para o cadro carballés, xa que ven dun partido no que claramente non estivo ao nivel competitivo que esixía o encontro e mentalmente costa mais levantarse, pero co apoio en conxunto do equipo, entre todos, conseguiron volver nesta semana á dinámica necesaria para afrontar un novo partido a fin de semana en Xixón

Por riba o inicio da semana pasoulle factura ó Basket Xiria, xa que nos primeiros adestramentos Héctor Méndez, non puido contar con toda o equipo ao completo, debido ós típicos malestares invernais e tivemos varias baixas temporais, pero unha vez recuperados chegan ben oa fin de semana, dada a importancia dos partidos que restan, o equipo esta concienciado de dar o seu mellor nivel, tanto nos adestramentos coma nos partidos de competición.

Nesta semana foi moi importante o día a día, intentando en cada adestramento, exercicio, xogada, mellorar a nivel individual e ser mellor equipo en conxunto, para estar a un bo nivel competitivo nos partidos que restan, que son moi importantes, e focalizando mais no día a día que no partido en sí.

Respecto do partido da fin de semana contra Círculo Gijón, é un rival moi complicado e que ocupa un dos postos altos da táboa clasificatoria. Posiblemente unha das mellores conxuntos da categoría, xa en Carballo demostrou o equipo que son, nun dos partidos máis complicados que afrontou o Calvo Basket Xiria nesta tempada. Teñen moito podería físico, gran acerto nos tiros e xogadores de nivel superior á Liga EBA. De tódolos xeitos, os carballeses tentan focalizar e pensar en eles mesmos, en ser mellores coma equipo e individualmente cada día, e así afrontar os partidos que restan nas mellores condicións posibles para intentar competir o mellor que poidan e conseguir esa permanencia que levan tempo buscando.

22ª Xornada – Liga EBA:    CIRCULO GIJÓN vs CALVO BASKET XIRIA

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.