Felipe Labrada repite como candidato do PP á alcaldía do Corgo

O candidato a alcaldía do Corgo fai unha valoración moi positiva do seu mandato no que se melloraron servizos e se impulsaron iniciativas políticas encamiñadas a mellorar a vida dos veciños do Corgo. 

 O mandato de Labrada estivo marcado pola adquisición de terreos, sendo a do Castro de Castrillón a máis destacada para poñer en valor o patrimonio histórico e cultural do Corgo.

 

Desde a dirección provincial agradecen ao candidato pola xestión feita durante o último mandato. “A pesar de gobernar en minoría fixo obras e iniciativas notables avanzando no desenvolvemento da localidade”, din os populares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *