Formoso anuncia unha campaña electoral «limpa» centrada na honestidade e afastada dos valores do PP e Ayuso, que «incita a ‘matar’ á oposición»

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, dixo hoxe en Madrid que os socialistas galegos afrontarán as eleccións municipais de maio “cunha campaña como é Galicia: limpa e centrada nos valores da honestidade e da honradez”. Formoso presentou unha alternativa “afastada do que lanza algunha baronesa o PP, que incita a matar á oposición”.

O responsable socialista aludiu así á mensaxe enviada pola presidenta do PP de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, que antes da sesión plenaria da Asemblea de Madrid desta semana incitara aos deputados do PP cun matadlos, en alusión á oposición progresista. Formoso  fixo estas declaracións á entrada da sede do PSOE, en Ferraz, onde participou no Comité Federal que aprobou as listas ás próximas eleccións municipais.

Sinalou que “non vamos xogar nunca a iso”, senón que a opción socialista céntrase en “convencer á cidadanía galega”, e por iso, explicou, “no eido máis achegado á cidadanía”, que son os concellos, os socialistas galegos foron a formación que obtivo “os mellores resultados” nos pasados comicios municipais.

Un resultado, dixo, que “volverá ocorrer no 2023, porque nos identificamos cos valores da sociedade galega”, Dixo logo de apuntar que as listas electorais aprobadas hoxe no Comité Federal “significan unha aposta ilusionante por Galicia”. Hoxe foron aprobadas por aclamación as listas das cidades de máis de 50.000 habitantes, que onte foran apoiadas por unanimidade na Comisión de Listas da que forma parte o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage.

Inés Rey preside el  Comité Federal

Formoso encabezou a delegación galega do PSdeG, conformada por secretarios provinciais como Bernardo Fernández -A Coruña-, David Regades -Pontevedra-, e José Tomé -Lugo-, nunha sesión na que o PSOE designou á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, como presidenta do Comité Federal en ausencia de Milagros Tolón, a alcaldesa de Toledo.

Na súa intervención Rey tamén aludiu á mensaxe de Ayuso para sinalar que “o que sobra nesta sociedade son as mensaxes de odio (…) que intenten destruír os piares da nosa convivencia”.

Ademais do secretario xeral do PSdeG e do secretario de Organización, tamén participaron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ou a presidenta da Deputación de Pontevedra e presidenta do PSdeG, Carmela Silva. Ademais, participaron deputados e senadores como César Mogo, Adolfo Pérez Abellás ou Marina Ortega, e representantes locais como a secretaria xeral de Ourense, Natalia González Beneitez.

Un comentario

  • Julio Asorey

    No se lo ha creído ni el propio Formoso!.Buen momento para que Sánchez le explicase como se manejan dentro del
    Partido las «papeletas, papeleras y cerraduras cambiadas» en la época pasada (que Tomás Gómez no supo controlar y Simancas ,sí).

    Olvíde a Ayuso al PP y a todos y céntrese en Galicia porque de otro modo esas reuniones con los «prebostes»del Partido
    es mejor publicitarlas poco ya que en lugar de convertir a Formoso en un «hombre de estado»,lo convierten en otra cosa.

    La «honestidad y la honradez» no se publicitan ,se demuestran día a día y conoce el panorama histórico que se padece.

    Mejor es que haga como los militares cuando sellaban la libreta militar (el «kilo» decían algunos) y en la casilla de VALOR(calificación al recluta de turno) siempre anotaban : …SE LE SUPONE.
    En su caso ,lo de «campaña limpia y centrada en valores»……lo sabremos a muy corto plazo!.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.