Impulso institucional do PPdeG para esixir ao Goberno central rapidez na reconstrución dos viadutos da A-6 no Castro e que as obras se leven a cabo ao mesmo tempo nos dous sentidos

O coordinador de Territorio e Infraestruturas do PPdeG, Antonio Ameijide, lembra o accidente sufrido onte por un camión no desvío provisional e sinala que os populares levan meses avisando do risco que supón para os usuarios ese tramo, porque non reúne as condicións necesarias para o intenso tráfico que soporta.

No PP de Galicia destacan que o Executivo de Pedro Sánchez aínda non aclarou a fecha no que será reaberto ese tramo da autovía, e esíxenlle que cumpra con Galicia

O deputado José Manuel Balseiro, que defenderá a iniciativa do PP no Parlamento de Galicia, di que se as obras non se acometen por vía de emerxencia e ao mesmo tempo nos dous viadutos, o problema pódese prolongar ata o 2028, con gravísimas consecuencias para a provincia de Lugo, en concreto, e  para Galicia en xeral

No grupo provincial do PP, o seu portavoz, Javier Castiñeira, sinala que, de novo, levan este asunto ao pleno da Deputación «para instar ao Goberno a que as obras se leven a cabo o antes posible e, para iso, hai que facer os viadutos nos dous sentidos ao mesmo tempo»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.