Mariano López Nieves é o candidato do Partido Socialista para gañar a Alcaldía de Chantada

A militancia ratificou ao coñecido sindicalista agrario, cunha longa traxectoria de apoio ao sector primario e ao rural, como candidato do Partido Socialista ás eleccións municipais do 28 de maio nunha asemblea celebrada onte
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo valorou o “firme compromiso” que demostra López Nieves co futuro do seu concello liderando a candidatura á Alcaldía, co que “dá un paso máis na dedicación e no traballo que leva realizando dende hai moito tempo para favorecer o desenvolvemento social e económico de Chantada e de toda a comarca a través dunha actividade fundamental, como é a agrogandeira”
O seu “profundo coñecemento” da realidade socioeconómica de Chantada convérteno “no mellor candidato para sacar adiante un proxecto político que atenda as necesidades dos veciños e veciñas, e con capacidade para aproveitar as oportunidades do concello”, destacou José Tomé
O candidato traballará “con todos e todas, escoitando todas as ideas, e deseñar para Chantada o futuro que os seus veciños e veciñas merecen. Un futuro que aposte polos servizos públicos, polo impulso da nosa vila, e pola modernización e posta en valor do rural como sinal de identidade e como sector que xera riqueza e emprego, e que fixa poboación no territorio”