Nicole Grueira, a candidata máis nova de Galicia, asume o reto de encabezar a lista do PP de Pol “con moita honra, ilusión e ganas”

A aspirante popular, estudante de Ciencia Política, comprométese a pilotar un goberno local transparente e próximo aos veciños
- Grueira, se chega á alcaldía, comprométese a desenvolver “políticas que favorezan o asentamento de poboación, fomentando a vivenda e o emprego”
- Os populares destacan que Nicole Grueira reúne os requisitos necesarios para dar a Pol o cambio de rumbo que precisa, porque “necesita abandonar as políticas anticuadas que deron como resultado a perda de poboación e de servizos”
- O vicepresidente do PP de Lugo (vicepresidente primeiro da Xunta), Francisco Conde, destacou “o compromiso de Nicole Grueira con Pol e cos seus veciños” e asegurou que “Nicole encarna a imaxe que o PP quere para o rural galego: dinámico, innovador, inconformista e con futuro”