O PP de Porto do Son posiciónase a favor dos vertidos das Minas de San Finx

Hoxe ás 13:30 tivo lugar no salón de plenos do Concello de Porto do Son un pleno extraordinario para decidir que posición tomaban ao respecto das verteduras das Minas de San Finx á Ría de Noia.

O pleno foi solicitado por BNG e PSOE e contou coa presenza de mariscadores no mesmo, os cales marcharon decepcionados ao atoparse con que o Partido Popular de Porto do Son, liderado por Luis Oujo, votou en contra do rexeito ás verteduras das Minas de San Finx, facendo que non saíse adiante dado que conta con maioría absoluta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *