Os traballadores do Grupo Leche Río SA farán unha manifestacion o luns entre as factorias de Lugo

A CIG informa que na xornada do luns 20 de marzo de 2023, ás 12.30h o persoal das factorías de Grupo Leche Río SA seguindo coa mobilización pola mellora das condicións laborais, realizará unha manifestación con percorrido entre ambas factorías. 

Estando prevista a realización dunha manifestación do conxunto do persoal traballador con saída ás 12.30h na factoría Ceao 2 en rúa Agricultura con percorrido polo Ceao ata a factoría Ceao 1, na Avenida Benigno Rivera no Polígono Industrial O Ceao (Lugo) onde o persoal manterá unha concentración ó remate. A xornada de folga prevista para ambas factorías terá unha duración de 4 horas, dende as 12h ata as 16h. 

As mobilizacións están convocadas polo comité de empresa, con representación maioritaria da CIG e con presenza tamén da central UGT. 

O persoal de Leite Río leva meses reclamando unha serie de melloras nas condicións laborais por conta dunha excesiva flexibilidade que a empresa non pretende compensar nin ter en conta na conciliación da vida laboral e familiar do persoal. 

A empresa rachou as negociacións o pasado 10.03.23 sen achegarse ás posicións do persoal,  polo que na actualidade non existe ningunha expectativa de solución no que, claramente, é unha actitude irresponsable da súa propietaria. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.