Óscar Fernández define como “ilusionante e de futuro” o proxecto do PP para “poñer a Meira no lugar que lle corresponde”

García Comesaña, membros da dirección provincial, compañeiros, veciños e afiliados de Meira arrouparon ao alcaldable na presentación
- O candidato do PP amosou o seu “absoluto compromiso co concello e con toda a súa xente” para “cambiar as dinámicas do Concello” grazas a un equipo de persoas que “porá todo o seu coñecemento e enerxía”
- A dirección provincial considera “viable gañar as eleccións en Meira” e para iso apoian unha “candidatura renovada, cun proxecto de futuro que, se recibe o apoio o 28 de maio, o demostrará nos próximos anos”
- García Comesaña quixo apoiar ao candidato porque “Meira merece alguén que lidere e tire dos proxectos” fronte ao actual goberno que “non se interesou nin unha soa vez pola ampliación do centro de saúde”