“PUNHETA!”, o novo de Mondra e Fillas de Cassandra

«PUNHETA!» é o novo sinxelo de Mondra, en colaboración con Fillas de Cassandra

Un composto por Mondra, Fillas de Cassandra e Berto, quen tamén asina a produción musical.

«As ARDENTES vivimos nunha terra diversa, onde priman os afectos, o amor e a sensualidade. Habitamos a liberdade que a nosa NACIŌN nos outorga, mais hai quen non nos quere libres. Na FOLĪA desta noite visítannos as Fillas de Cassandra.  Sede benvidxs a ARDĒN

Na liña dos sinxelos anteriores (AGRÚUUSACOdePULGAS e Beijos de LK), o novo tema de Mondra vén acompañado dun coidado videoclip.

No último trimestre do ano sairá o primeiro álbum de estudio de Mondra, con 12 temas orixinais. Un álbum a cabalo entre a música tradicional e a electrónica, que contará con colaboracións de grandes artistas galegas como Fillas de Cassandra, Guadi Galego ou O Rabelo. 

Trátase do seu primeiro proxecto en solitario, logo dunha carreira vencellada á música tradicional e ás artes escénicas desde neno. Cantareiro e bailador, é docente de pandeireta e baile tradicional en diversas agrupacións e centros sociais ao longo do territorio galego. Na actualidade, é parte do elenco de «DeMente» Fran Sieira, compañía de danza, como vocalista e bailador, o que o fixo aparecer na escena galega como unha fermosa sorpresa e unha das grandes revelacións dos últimos tempos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.