Alfonso Rueda reivindica un PP con ADN vilalbés e aposta por Sandra Vázquez para que a capital da Terra Chá volva exercer como tal

Hoxe, nun mitin en Vilalba no que participou tamén o secretario xeral provincial do PP de Lugo, Javier Nodal

  • Alfonso Rueda asegurou que Vilalba necesita unha segunda vida da man de Sandra Vázquez para volver recuperar a actividade da cabeceira de comarca, a súa puxanza comercial e cultural e volver exercer de capital da Terra Chá

  • Poñendo en valor a ampla experiencia da candidata, o líder dos populares galegos afirmou que votar ao PP é votar por máis servizos, máis economía, máis rural desde a estabilidade, o sentidiño, o rigor e a acción de goberno

 

  • A vila precisa, tal e como indicou, un goberno que crea nela como fixeron os gobernos de Agustín Baamonde e Gerardo Criado, como fará o goberno de Sandra Vázquez a partir do 28 de maio

 

  • Rueda asegurou que o PP é a única alternativa tanto en Vilalba como en Galicia fronte a un PSOE que cambia de criterio cada día e que só está unido en apoiar a Pedro Sánchez, un BNG que busca afastar aos galegos do resto de España e duns Podemos e mareas que crean un partido novo con nome diferente cada media hora

  • En contraposición a esta división, os populares defenden uns gobernos unidos para funcionar mellor e buscar á súa vez a unidade do pobo e, polo tanto, nestes comicios os galegos deberán elixir entre repetir nos concellos coalicións que non funcionan ou o proxecto dun PP con ADN vilalbés

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *