CC.OO. logra maioría absoluta nas eleccións do persoal funcionario da Deputación de Pontevedra

Nas eleccions sindicais do persoal funcionario da Deputación, nas que correspondía elexir unha Xunta de Persoal de 21 membros ( por primeira vez ), participaron un total de 686 votantes ( o 82% do censo electoral ) cos seguintes resultados:
CC.OO. , 11 delegados e 336 votos.
UGT, 7 delegados e 204 votos.
Ademais houbo 26 votos en blanco e 10 votos nulos.
Nas 4 Mesas Electorais déronse os seguintes resultades:
Mesa Itinerante (Servizos Periféricos): CC.OO. 29 votos, UGT 24 votos e CIG 9 votos.
Mesa do Parque de Maquinaria: CC.OO. 38 votos, UGT 9 votos e CIG 3 votos.
Mesa do Principe Felipe: CC.OO. 66 votos, UGT 53 votos e CIG 37 votos.
Mesa do Pazo Provincial ( Servizos Centrais ): CC.OO. 203 votos, UGT 118 votos e CIG 62.
CC.OO. ganou en tódalas mesas electorais e consigue maioría absoluta ao obter 11 dos 21 representantes da Xunta de Persoal.
Para CC.OO. estos resultados supoñen o refendo a linea de acción sindical reivindicativa mantida polo sindicato, e a defensa dos servizos públicos fronte a politicas privatizadoras do goberno provincial, que se veu corroborada coa obtención do 75% dos votos do persoal do Parque de Maquinaria.
O persoal funcionario da Deputación non lle dou a espalda a CC.OO. , a pesares do traballo moi activo desenvolvido polo partido maioritario do goberno provincial a favor da UGT, e manifestouse con claridade a favor dunhas relacions laborais nas que se poña en valor a defensa dos intereses colectivos do plantel, fronte a prebendas para alguns.