Fabián. Por @DulceCorcu

É deses nomes que non precisan ir acompañados de ningún apelido nin título para seren recoñecidos, aínda que actualmente ademais do seu oficio de mestre, sexa Concelleiro de Deportes e Educación en Camariñas, a súa vila natal. Alí desenrola as paixóns dunha vida agora mergullada en plena campaña electoral, pero na que sempre destaca por enriba de todo un carácter afable e cercano, moitas veces atípico incluso na política local, pero que Fabián cultiva coa naturalidade de quen non precisa exercer de nada máis que de si mesmo.

Dono diso do que un dos insignes do seu partido, José Luis Rodríguez Zapatero, dou en chamar “talante” para referirse a quen sempre fai gala de diálogo e boas maneiras, capaz de saber estar en todo tipo de ambientes e situacións. Como bo deportista, non ten dificultades para adaptarse ao medio, con capacidade para saír á superficie en calquera dos seus labores. Educador das xeracións futuras de Camariñas, a quen tenta inculcar todo iso que el rebosa: o amor de seu e o respecto a todos. O traballo polo seu lugar tanto no colexio coma no Concello, non pasan desapercibidos para unha veciñanza que este domingo ten nas súas mans revalidar a Fabián Canosa coma un dos mellores representantes que se podan ter.
Foto. JP Parri

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *