Os socialistas de Arteixo apostan en Vilarrodís pola reactivación do Consello Veciñal como eixo dun concello aberto en convivencia.

A candidata socialista, Patricia Boedo, ven de presentar no Centro Social de Froxel  as medidas para a parroquia de Vilarrodís así como as propostas para un concello aberto e en convivencia.

A candidata socialista afirmou que despois de 12 anos dun goberno en maioría “precisamos un goberno  que escoite de verdade á veciñanza, con talante e atento á diversidade”. “Os grupos da oposición sabemos ven do nivel de autoritarismo e falla de sensibilidade deste goberno” argumenta Boedo.

Os socialistas propoñen abrir canles de participación da veciñanza como a reactivación do Consello Veciñal, fomentar a participación nos plenos nun horario de fácil asistencia e establecer un horario da alcaldesa a atención directa á veciñanza. Estás medidas irán complementadas cunha oficina de atención á cidadanía  e unha app móvil que facilite a comunicación e os trámites entre veciños e administración.

“Vimos de anos de goberno de costas á cidadanía” engade a candidata socialista, polo que “é preciso habilitar os orzamentos participativos para escoitar as propostas e demandas da veciñanza de primeira man”. Boedo tamén  explica que outro dos proxectos é “reabrir Radio Arteixo”, como medio de comunicación público, en formato mixto (analóxico-dixital), garantindo o dereito á información e á participación

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *