Touro perde a subvención da Deputación da Coruña para turismo do ano 2023

A Deputación da Coruña denega a Touro a subvención para financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo para o ano 2023
No pasado ano 2022, Touro tamén perdeu unha subvención similar por non dar contratado o persoal e non cumprir co que solicitou á Deputación.
Esta perda de recursos para o Concello é consecuencia da incapacidade do concello para levar adiante as xestións básicas.
Esta situación supón un mazazo para a dinamización do sector turístico no concello como actividade económica. Un sector que ten un potencial en Touro (ca ruta EuroVelo3, a Ramal Histórico do Camiño de Santiago, o campamento romano do Castrillón ou as rutas de sendeirismo) vese agora novamente dificultado pola perda de financiamento. Outra oportunidade perdida para Touro.