A produción agrícola da Limia en risco polas choivas

por Redacción Ourense

ADEGAL traslada á Consellería do Medio Rural a problemática existente en busca de solucións alternativas.

A Limia, considerada o graneiro de Galicia e a principal comarca produtora de pataca, ademais de ser base de provisión de diversas Indicacións Xeográficas Protexidas, está a sufrir as consecuencias das choivas persistentes das últimas semanas.

Os danos son evidentes, a perda do cereal de ciclo longo é practicamente total e ademais hai que sumar o retraso na sementeira do cereal de primavera, o que diminuirá considerablemente o seu rendemento.

A maiores, hai incerteza na implantación do cultivo da pataca, que se está vendo gravemente afectado pola imposibilidade de acceso ás parcelas para o seu laboreo.

O mal drenaxe das cunetas, dos canais secundarios, dos ríos e do canle principal ocasionou un maior asolagamento nas terras de cultivo, e causou danos nas infraestruturas agrarias que dan servicio ás mesmas.

Dende ADEGAL déuselle traslado á Consellería do Medio Rural da problemática existente no sector agrícola da Limia, solicitando a valoración conxunta cos seus técnicos dos prexuízos económicos e a posibilidade de autorizar excepcionalmente o tratamento aéreo con drons con produtos fitosanitarios, ademais de adaptar os seguros agrarios á realidade da comarca.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario