‘¡Esto es rock!’ abre este venres as festas de Novo Mesoiro

por Redacción A Coruña
 

O sábado e o domingo haberá polbo e churrasco a prezos populares e o luns será o Día do Neno, con descontos nas atraccións

Este venres comezan as festas de Novo Mesoiro, uns festexos organizados polo Concello da Coruña que contarán con catro xornadas con actividades para todas as idades. O punto de partida será o espectáculo ‘¡Esto es rock!’, dirixido polo xornalista musical Javier Becerra e que conta coa actuación de Carolina Rubirosa.

Trátase dun divertido e emocionante repaso da historia da música rock para toda a familia. Un concerto didáctico baseado no libro do mesmo nome de Javier Becerra no que non faltará a música de Chuck Berry, AC/DC, The Rolling Stones, Queen e moitas outras bandas que marcaron unha época.

Por outra banda, o público infantil tamén contará nesta Festas de Novo Mesoiro cunha xornada exclusiva para a súa idade. Baixo o nome de Día do Neno, o luns 28 de agosto as atraccións instaladas no parque continuarán abertas e contarán con prezos especiais.

Por outra banda, DJ Javito únese á programación para amenizar e animar os períodos anteriores e posteriores do resto de actuacións que se realizan no parque. Ademais, grazas a un acordo acadado cos postos de restauración, haberá polbo e churrasco a prezo rebaixado para promover a convivencia nestas festas.

Programación

O venres, día 25, está programado a partir das 20.00 horas o espectáculo ‘Esto es Rock’. Ás 22.00 horas terá lugar a actuación da banda coruñesa Doctor Snob. O sábado 26 haberá actuación dentro do programa itinerante para todos os públicos Cascarillarte, a cargo de Máximo Óptimo, a partir das 12.30 horas. A sesión vermú comezará ás 14.00 horas co Dúo Karamba, mentres que ás 22.00 horas haberá actuación da orquestra Triunfo. O domingo 27 a xornada comezará coa actuación, ás 14.00 horas, da banda Virtual Project. Pola tarde haberá unha nova sesión de Cascarillarte, ás 19.30 horas, a cargo de Bandullo Azul, que representará «Fazula» e «O Ladrón de Paraugas».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario