Guadi Galego inicia este xoves a xira de verán acompañada pola banda do seu directo ‘Síntese Horizonte’

por Redacción Galicia

O festival PortAmérica será a primeira parada da artista, quen tamén visitará, entre outras localidades, Ames, Carballo, Meis, Muros, Pontevedra, Vilagarcía, Vilaxoán e Zas.

Guadi Galego iniciará este xoves, 4 de xullo, a súa xira de verán, na que continuará festexando os seus 25 anos sobre os escenarios. A creadora, que actuará mañá no festival PortAmérica, visitará nos vindeiras semanas localidades como Ames, Carballo, Meis, Muros, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vilaxoán ou Zas, entre outras.

Os concertos da xira de verán contarán cun repertorio no que Guadi Galego revisará temas do seu último disco,Roibén, mais tamén pezas doutros traballos e mesmo algúns dos seus novos sinxelos, como O.D.A ou O Mar.Sobre o escenario, a creadora acompañarase da banda coa que este ano presentou o seu novo directo, Síntese Horizonte: Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percusión) e Álex Fernández (teclados); e, como vocalistas e pezas chave do directo, Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Jiménez.

VINDEIROS CONCERTOS DE GUADI GALEGO

  • 04/07 – Festival PortAmérica, Portas.
  • 06/07 – Curro da Praza, Muros.
  • 12/07 – Alameda de Carballo.
  • 14/07 – Campo da Feira da Vila, Meis.
  • 24/07 – Por anunciar.
  • 31/07 – Ciclo Con voz de muller, Pontevedra.
  • 09/08 – Bertamiráns, Ames. 
  • 10/08 – Festa da Carballeira, Zas.
  • 14/08 – Festas de San Roque, Vilagarcía de Arousa.
  • 16/08 – Por anunciar.
  • 31/08 – Por anunciar.
  • 14/09 – Festival Revenidas, Vilaxoán
  • 15/09 – Por anunciar.
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario