PSdeG Coruña: “Prioridade é sumar alcaldías e ser primeira forza municipalista”

O PSdeG Provincial da Coruña celebrou este domingo o seu 5º Congreso Provincial coa reelección de Bernardo Fernández Piñeiro como secretario xeral provincial. No seu discurso, Fernández agradeceu á militancia pola súa implicación e pola mostra de unidade que representa a súa reelección sen oposición, que cualificou como «un exemplo que nos fortalece como organización», expresou.

«Asumo esta responsabilidade coa mesma humildade, ilusión e compromiso que hai tres anos», sinalou o secretario xeral, poñendo o foco en que o verdadeiro obxectivo non é só gañar eleccións, senón «traballar pola sociedade, garantir dereitos e liberdades e facer de Galicia un lugar máis xusto e igualitario».

Durante o congreso, o PSdeG reafirmou o seu obxectivo de reforzar a acción política no territorio e preparar as vindeiras citas electorais, co foco posto en gañar un maior número de alcaldías, manter a Deputación da Coruña e en levar a José Ramón Gómez Besteiro á presidencia da Xunta de Galicia.

O PSdeG-PSOE comprometeuse coa cidadanía, coa política de proximidade e cun modelo de partido no que «escoitar á cidadanía, é a mellor garantía de acerto nas decisións que tomamos día a día». Por iso, o lema escollido para o congreso, ‘Escoitar, traballar, gañar’, define «á perfección» a política socialista, segundo explica o secretario xeral.

Fernández chamou á organización a «escoitar e traballar en cada concello para gañar máis alcaldías» e consolidar ao PSdeG como «primeira forza do municipalismo galego».

Neste sentido, o secretario xeral provincial deixou claro que o obxectivo central da nova executiva será «reforzar a presenza e a acción política nos concellos». Reivindicou que o municipalismo é onde o PSOE demostra a súa utilidade real para a cidadanía e a importancia que teñen os gobernos municipais no poder transformador da política.

Fernández fixo balance do traballo feito nos últimos anos, destacando que os 30 concellos gobernados polos socialistas son exemplo de boa xestión, planificación e políticas sociais. Afirma que nos gobernos do PSdeG hai «gobérnase para todos e todas, non só para as minorías como fai o Partido Popular».

Tamén se deu a coñecer a nova executiva provincial cunha importante porcentaxe de renovación, 40 dos 64 membros son novos, combinando experiencia e incorporacións novas.

Fernández fixo fincapé na fortaleza municipal do partido, agradecendo expresamente o traballo tanto dos alcaldes e alcaldesas socialistas como dos compañeiros que exercen dende a oposición, destacando que «sen militancia, un partido non é máis que unhas siglas».

Na súa intervención, Bernardo Fernández tamén criticou duramente ao Partido Popular, tanto en Galicia como no Estado. O bono peixe é un exemplo máis do estilo da Xunta, que Barnardo Fernández define como «bono-voto», insistindo en que os problemas reais da sociedade galega non se van arranxar con estas medidas. «Os problemas de capturas e de produción das nosas rías vanse solucionar con cinco euros de gasto en peixe á semana?», preguntábase o secretario xeral. E non deixou pasar a oportunidade para ironizar sobre a deriva política de Alberto Núñez Feijóo: «un día é rubio, outro moreno, outro ten canas, outro ten gafas… Aquí era de centro, outro día é de dereitas, outro de extrema dereita… É o Míster Potato da política española».

O líder provincial tamén tivo palabras para o BNG, acusándoo de contradicións constantes, «o mesmo nacionalismo que un día se manifesta en Ferrol para que haxa carga de traballo no naval, outro día non quere que se incremente o gasto en defensa; parece que non sabe que en Ferrol fabricamos barcos de guerra».

Finalmente, Bernardo Fernández apelou á mobilización da organización para seguir liderando as políticas municipais e sociais, e rematou coa lembranza dunha frase de José Luis Rodríguez Zapatero: «Os grandes logros deste país foron sempre soñados por socialistas. Non deixemos nunca de soñar».

Nova executiva do PSdG-PSOE Provincial da Coruña

Durante o acto de clausura presentouse a nova Comisión Executiva Provincial, que saiu elixida cun 98% dos votos válidos: 

  1. Secretaría Xeral: Bernardo Fernández Piñeiro

  2. Vicesecretaria Xeral de Política Municipal: Alejandra Pérez Máquez

  3. Vicesecretaria Xeral de Infraestruturas e Voceira: Mónica Rodríguez Ordoñez

  4. Vicesecretaria Xeral de Coordinación Territorial: Matilde Begoña Rodríguez Rumbo

  5. Vicesecretaria Xeral de Economía e Facenda: José Ramón Rioboo Castro

  6. Vicesecretaria Xeral de Memoria Democrática: Anxo Reí Arca

  7. Vicesecretaria Xeral de Ordenación do Territorio: Luis Lisardo Santos Ares

  8. Secretaría de Organización e Administración: Diego Fernández López

  9. Secretaría de Igualdade: Manuela Vilaboy Romero

  10. Secretaría de Relacións Institucionais: Maria Rivas Lopez

  11. Secretaría de Sanidade: Brais Rodríguez Botana

  12. Secretaría de Acción Electoral: Yoya Neira Fernández

  13. Secretaría de Educación e Formación Profesional: Xose Lois García Carballido

  14. Secretaría de Política Social E Dependencia: Estefanía Calvelo Muñiz

  15. Secretaría Adxunta De Organización: Gema Fernandez Cuiña

  16. Secretaría de Coordinación Interparlamentaria: Obdulia Taboadela Álvarez

  17. Secretaría de Coordinación Comarcal: Jorge Romero Pérez

  18. Secretaría de Dereito Á Vivenda: Paula García Lozano

  19. Secretaría de Promoción Económica E Emprego: Jorge Ulla Rocha

  20. Secretaría de Mar E Recursos Mariños: Walter Pardo Añón

  21. Secretaría de Formación, Rrss Adxunto A Organización: Julian Reina Villalón

  22. Secretaría de Agricultura, Gandaría E Desenvo. Rural: Cristina Capelán Cancelo

  23. Secretaría de Medio Ambiente E Emerxencia Climática: Jesús Fernández Diez

  24. Secretaría de Planificación Industrial E Transición Enerxetica: Borja Pico Feal

  25. Secretaría de Inclusión Social: Rosa Maria Romero Pariña

  26. Secretaría de Cultura E Lingua: Guadalupe Rodríguez Silva

  27. Secretaría de Deportes E Políticas Saudables: Oscar Rial Lago

  28. Secretaría de Universidade E Ciencia: Maria Ares Rey

  29. Secretaría de Turismo: Santiago Toba Blanco

  30. Secretaría de Emprendemento: Rosa Ana Garcia Lopez

  31. Secretaría de Estudos e Programas: José Manuel Pantín Morado

  32. Secretaría de Análise e Prospectiva: Isaac Buervo Almiron

  33. Secretaría de Gobernanza Local: José Luis Ruiz Laiño

  34. Secretaría de Movementos LGTBI: Eloy Carbón Rodríguez

  35. Secretaría de Militancia e Agrupacións Locais Adxunto Organización: Rafael Fernández Beceiro

  36. Secretaría de Transportes e Mobilidade Sustentable: Gonzalo Henrique Castro Prado

  37. Secretaría de Función Pública: Manuel Santiago Perez

  38. Secretaría de Comercio e Consumo: Francisco Pérez Caamaño

  39. Secretaría de Maiores e Pensions: Maria Josefa Cebreiro Santos

  40. Secretaría de Dereitos e Liberdades: Montserrat Paz Romero

  41. Secretaría de Xustiza: Caridad González Cerviño

  42. Secretaría de Patrimonio Cultural: Xose Manuel Lopez Fernandez

  43. Secretaría de Exterior: Sheila Rial Mata

  44. Secretaría de Mobilización: Bernardino Rama Seoane

  45. Secretaría de Participacion Cidada: Ines Ramos Lopez

  46. Secretaría de Políticas Forestais e Montes: Juan Jose Prego Ces

  47. Secretaría de Rexeneración Democrática E Transparencia: Juan Ignacio Borrego Vázquez

  48. Secretaría de Innovación, IA, e Transformación Dixital: Vicente Roca Uceira

  49. Secretaría de Despoboamento e Reto Demográfico: Brais Prieto Verdial

  50. Secretaría Adxunta a Infraestruturas: David Vázquez Suárez

  51. Secretaria Executiva: Mayte Argibay Silva

  52. Secretaria Executiva: María José Cal Álvarez

  53. Secretaria Executiva: Maria Dolores Lamelas Pena

  54. Secretaria Executiva: Maria Luisa Abrodos Fernández

  55. Secretaria Executiva: Antía Gonzalez Figueroa

  56. Secretaria Executiva: Maria Mercedes Prieto Lamas

  57. Secretaria Executiva: Raquel Mallo Domínguez

  58. Secretaria Executiva: Pablo Amado De La Fuente

  59. Secretaria Executiva: Jose Manuel Pérez Abelenda

  60. Secretaria Executiva: Sandra Sánchez Iñiguez

  61. Secretaria Executiva: Merche Noceda Gómez

  62. Secretaria Executiva: Alma Beatriz Barron Ferro

  63. Secretaria Executiva: Cristina Pardo Portos
  1. Secretaria Executiva: María Isabel Gómez Cambón
Comparte éste artículo
No hay comentarios