O pasado fin de semana, celebrándose ata seis funcións do show Amoriños no coruñés Teatro Colón, a cargo de dous xenios galegos do humor, coma son Xosé Antonio Touriñán e David Perdomo. Todas elas colgaron o cartel de Sold Out.
Ao longo do espectáculo, someteron aos seus personaxes máis carismáticos a un test do amor similar ao do programa de citas First Dates. Todos resultan de creación propia, e tiveron os seus momentos: desde o intelixible Paco ata o Manolo, e un longo etcétera dos creados na aquela terrible pandemia que nos asoballou, e que foi máis soportable grazas ao humor creado nas redes sociais por este dúo de artistas, que xa están no olimpo dos favoritos do público.
Como xa diciamos en anteriores crónicas, este show precisa unha segunda parte… E outras máis tamén!