A megafonía da praia de Samil funcionará para recomendar a distancia social

A fase 2 da desescalada e o bo tempo enche as praias viguesas de paseos e bañistas e o Concello de Vigo utilizará esta fin de semana os altofalantes de Samil para advertir da necesaria distancia interpersoal de dous metros. En función do clima, o alcalde non desbotou adiantar a parcelación dos areais prevista para o 15 de xuño

Leer más

Abel Caballero pide “responsabilidade e distancia social” no regreso dos bañistas ás praias

O alcalde de Vigo solicitou aos bañistas que acoden ás praias de Vigo coa entrada en vigor da Fase 2 que respecten o distanciamento social para protexer a saúde. Ademais, o alcalde avanzou que as piscinas de Samil estarán pechadas este verán e tanto as cintas para marcar separacións como o socorrismo comezarán o 15 de xuño

Leer más

Vigo deu de alta 800 novas tarxetas de alimentos desde o inicio da crise sanitaria

Desde o comezo do estado de alarma, o goberno local deu de alta 800 novas tarxetas de alimentación que se suman ás que xa viña outorgando o Concello. Ademais e seguindo cos servizos sociais, o alcalde tamén avanzou que, se Galicia pasa á fase 2 da desescalada, o luns 25 de maio reabrirán as súas portas os centros municipais de […]

Leer más

Vigo trasladará a Esturáns o Parque de Bombeiros de Balaídos

Abel Caballero informou este venres de que a Xerencia de Urbanismo aprobará a vindeira semana o cambio de uso dotacional dunha parcela do Concello para que poida acoller o novo Parque de Bombeiros. Unha nave existente no ámbito de Esturáns será o destino das instalacións que actualmente están no Estadio Municipal de Balaídos

Leer más

Vigo recibe 375 solicitudes para novas terrazas de establecementos e ampliacións

Abel Caballero informou de que o Concello de Vigo recibiu nos últimos días un total de 375 solicitudes para ampliación de terrazas ou instalacións novas. A día de hoxe xa foron resoltas positivamente 325 das peticións. “Actuamos rápido e sabemos a importancia que ten para o negocio e o ocio”, sinalou

Leer más

Vigo inicia a instalación das ramplas mecánicas na Gran Vía

Segundo informou Abel Caballero, este martes chegaron as primeiras cintas mecánicas que, unha vez conclúa a obra -previsiblemente en agosto-, facilitarán a subida da Gran Vía desde María Berdiales ata a rúa Venezuela. A humanización conta cun orzamento de 5,1 millóns, con financiamento de fondos FEDER da Unión Europea

Leer más
1 10 11 12 13