Cadernos da viaxe. O problema eléctrico da Galicia. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Factorías como a fábrica de aluminio de Alcoa en San Cibrao adican o 40% dos seus gastos a pagar a enerxía, o que constitúe unha grave desavantaxe comparativa a respecto doutros países. Galicia é o territorio do Estado con máis incidencia da industria electrointensiva (25% do emprego estatal con case 5.000 empregos directos, cando só representamos o 5,3% do PIB). […]

Leer más

Cadernos da viaxe. Sentenza ideolóxica contra o galego. Por Xoán Antón Pérez-Lema

A mesma Sala do Tribunal Supremo que rectificou a súa doutrina para impedir que os Bancos pagasen o Imposto de Actos Xurídicos das escrituras notariais ven de fixar xurisprudencia a respecto do uso do galego nas Administracións locais declarando a ilegalidade de determinados contidos da Ordenanza lingüística que o Concello de Lugo aprobara no 2012 por unanimidade de todos os […]

Leer más

Cadernos da viaxe.  Democracia fronte ao supremacismo. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Vai facer agora dez anos dunha manifestación na Quintana compostelá deseñada dende o nacionalismo español contra da nosa lingua, cultura e identidade. Unha manifestación baseada na  mentira de que o Goberno galego  de coalición BNG-PSOE quería impór o galego, cando simplesmente determinaba un mínimo do 50% de uso da nosa lingua a medio dun Decreto que de primeiras aprobou o […]

Leer más

Cadernos da viaxe. Taxis vs VTC: mitos e verdades. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Mito.- As VTC son máis baratas. Non tal. As VTC son libres para pactar un prezo. Cando hai moita demanda dos seus servizos éste pode ser bastante máis alto ca os dos taxis, regulados no seu prezo por un sistema ben transparente (taxímetro). Si é verdade que cómpre unificar prezos do taxi na Galicia para áreas urbanas-comarcais no canto dos […]

Leer más

Cadernos da viaxe. CUMPRIRMOS AS PENAS NA GALICIA. Por Xoán Antón Pérez-Lema

A Lei Orgánica Xeral Penitenciaria dispón que cada área territorial habería ter establecementos con capacidade abonda para satisfacer as necesidades de reclusión e evitar o desarraigo social dos penados. As Regras Penitenciarias Europeas dispoñen que os presos han ser destinados ao cárcere máis preto do seu domicilio que resulte posíbel. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ten condenado o afastamento […]

Leer más

Cadernos da viaxe. SUMAR PARA GAÑAR. Por Xoán Antón Pérez-Lema

O acordo acadado polo PP, Cs e Vox  para gobernar Andalucía amosounos o grao de consenso real da Santa Alianza da dereita extrema, unha e tripla a respecto da axenda a impornos,  que recolle grande parte das propostas reaccionarias de Vox: recurtes nas políticas sociais e de igualdade de xénero, política antinmigración e substancial recurte do autogoberno.

Leer más

Cadernos da viaxe. A SANTA ALIANZA. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Despois da era napoleónica, hai uns 200 anos, as monarquías absolutas de Francia, Austria-Hungría, Rusia e Prusia formaron a Santa Alianza para reprimir calquera revolución liberal e democrática na Europa, como fixeron coa española de 1820-1823. Hoxendía, PP, Cs e Vox, tres partidos distintos nun único Aznar verdadeiro, veñen de amosar o seu concerto extremodereitista na axenda política na Andalucía. […]

Leer más

Cadernos da viaxe. ALCOA E A RECENTRALIZACIÓN ECONÓMICA. Por Xoán Antón Pérez-Lema

A decisión da multinacional Alcoa de pechar a súa factoría d’A Coruña adóptase pola grande sobrecapacidade produtiva na China (auténtico dumping desleal) e pola falla total de investimentos nos últimos anos na factoría coruñesa. Porén, certo é que a tarifa eléctrica que grava ás industrias e consumidores galegos constitúe un auténtico despoxo patrimonial propio de pretéritas estruturas coloniais, malia os […]

Leer más
1 4 5 6