Ecoloxistas en Acción denuncia graves deficiencias no mantemento dun vertedoiro de residuos perigosos clausurado con fondos públicos nos terreos da mina de Touro

A organización ecoloxista sinala que unha das actividades que se levaron a cabo nestes últimos anos polo grupo Explotaciones Gallegas nos terreos da mina de Touro foi a creación dun vertedeoiro de residuos perigosos que tivo que ser clausurado no ano 2011.

Leer más

Ecoloxistas en Acción. 19 anos do desastre do Prestige, non esquecemos

Un funesto 13 de novembro de 2002 produciuse o maior desastre ecolóxico da historia de Galicia. Unha terrible noite de temporal, o petroleiro monocasco Prestige sufriu unha vía de auga cando navegaba a 28 millas (52 km) do cabo Fisterra. As autoridades españolas comezaron un rocambolesco periplo remolcando o barco ata que se partiu en dous o día 19 de […]

Leer más

Ecoloxistas en Acción solicitan a paralización do recheo dun pantalán da dársena de Bouzas-Berbés en Vigo

Ecoloxistas en Acción denuncia a inxustificada actuación da Autoridade Portuaria de Vigo no pantalán número 2 da dársena de Bouzas-Berbés. Un novo recheo que ocupará 8.300 m2 de lámina de auga e que prexudicará seriamente á rexeneración natural do mar, afectando á pesca e marisqueo, ademais do seu impacto visual.

Leer más

A realidade desminte as promesas de emprego, investimento e restauración ambiental de Cobre San Rafael para a mina de Touro

A Plataforma vecinal Cornado Mina Non considera que o permanente cambio nas cifras de emprego e investimento que a mercantil está a levar a cabo denota o carácter puramente especulativo dun proxecto rexeitado maioritariamente pola sociedade galega.

Leer más

Ecoloxistas en Acción convocan accións en Galiza a prol dun tren que vertebre o territorio e arrefríe o planeta

No ano europeo do ferrocarril, as organizacións integrantes da Coordinadora Galega polo Tren Público Social e Sostible acudiron hoxe á roda de prensa convocada na sede compostelá do Sindicato Labrego Galego coa esperanza de espallar unha mensaxe clara: Galiza necesita un ferrocarril que vertebre o territorio e que contribúa á loita contra o cambio climático, por canto é unha peza […]

Leer más

STOP EÓLICOS convoca o movemento ecoloxista da provincia para frear a invasión eólica do Xurés

A plataforma STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA convocou para este sábado (10.00, na praza de Bande) a todas as plataformas, colectivos veciñais e asociacións ecoloxistas que defenden os territorios de Ourense diante da ameaza eólica a participar da I MARCHA EN DEFENSA DO MONTE GRANDE, para frear “a invasión eólica do Xurés”.

Leer más
1 2 3