O grupo municipal socialista de Arteixo instará ao goberno local a proxectar a instalación do servizo de saneamento no barrio do Pedroso na parroquia de Larín

O grupo municipal socialista presentará dous rogos ao goberno local no vindeiro pleno para proxectar a instalación do servizo de saneamento no barrio de O Pedroso na parroquia de Larín e a licitación urxente da cafetería do Centro Cívico.

Leer más

O PSdeG-PSOE de Arteixo presenta alegacións á liña de evacuación do parque eólico Monteagudo

Os socialistas de Arteixo veñen de presentar diante da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación as súas alegacións á infraestrutura de evacuación de Monteagudo nos concellos de Arteixo, A Laracha e Carballo, como xa fixeron cos proxectos dos parques eólicos de Carboeiro, Monteagudo e Pedra Queimada.

Leer más

Alternativa convocará unha manifestación contra os proxectos eólicos en Arteixo

Alternativa dos Veciños de Arteixo convocará unha manifestación no mes de setembro para mostrar o rexeitamento da veciñanza de Arteixo cara os proxectos eólicos en tramitación que afectan ao medio ambiente natural, as vivendas e as parcelas atravesadas do municipio de Arteixo

Leer más

O PSOE de Arteixo presenta alegacións ao proxecto do parque eólico de Pedra Queimada pola súa proximidade aos núcleos de poboación de Monteagudo

Os socialistas de Arteixo veñen de presentar diante da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación as súas alegacións ao proxecto do parque eólico de Pedra Queimada pedindo e a súa retirada definitiva pola súa incompatibilidade cos valores ambientais, patrimoniais e paisaxísticos presentes na área de afección do proxecto e a falla de licencia social.

Leer más

Veciños e veciñas de Lañas (Arteixo) concéntranse para esixir a regularización da granxa das Arcas

Veciños e veciñas de Lañas, convocados por Alternativa dos Veciños, concentráronse esta mañá para esixir unha solución aos problemas derivados das irregularidades da granxa porcina que se atopa no lugar das Arcas. Alternativa reclama que as administracións e organismos competentes obriguen ao propietario a regularizar a explotación e cumprir as normativas.

Leer más

Alternativa Arteixo celebra o sábado unha concentración para esixir a regularización da granxa de Lañas

Alternativa dos Veciños de Arteixo convoca unha concentración para este sábado día 6 de agosto, para esixirlle ao Concello e á Xunta, que se obrigue ao propietario da granxa porcina que se sitúa no lugar das Arcas en Lañas, a corrixir as numerosas irregularidades que presentan as instalacións

Leer más
1 6 7 8 9 10 11