Vilalba Aberta volverá levar a Pleno o seu proxecto para a reorganización da propiedade rural a través de permutas.

A iniciativa, rexistrada por primeira vez en Xullo de 2021 mais – denuncian – “completamente ignorada polo goberno municipal”, pretende mellorar a rendibilidade da superficie agrícola do municipio e subvencionaría ata un 75% dos gastos notariais a aqueles veciños/as aos que, voluntariamente, lles interesara intercambiar.

Leer más

O PP propón ao goberno da Deputación dedicar parte dos fondos Next Generation á dixitalización da rede provincial de estradas mediante tecnoloxía BIM

Os deputados populares destacan que se trata dunha ferramenta fundamental para dispoñer de información do estado das vías, facer fronte ás reclamacións dos usuarios e para axilizar a licitación das obras de mellora

Leer más

VILALBA ABERTA mobilízouse o domingo de feira en contra dos recortes no centro de saúde

Vilalba Aberta segue a facer pedagoxía ao respecto da necesidade de reverter os recortes de servizos no Centro de Saúde. Logo de sacar adiante unha iniciativa no Pleno que, a pesares do voto en contra do PP, obrigou ao Concello de Vilalba a instar á Xunta ao reforzamento da Atención Primaria no municipio; a formación municipalista despregou unha “acción reivindicativa” […]

Leer más

O Concello de Vilalba, a NPG e o IESCHA organizan as “Xornadas Rosalianas”

As “Xornadas Rosalianas” chegan a Vilalba para quedarse. Así o confirmaron desde o Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitirica e o Instituto de Estudos Chairegos, tres entidades que veñen de organizar un programa con máis dunha decena de accións encamiñadas á distinción e recoñecemento de Rosalía de Castro como unha muller sobranceira das nosas letras e  imprescindible na nosa […]

Leer más

O vial de acceso a Fontechousa, na parroquia de Distriz, renóvase en virtude do acordo entre o Goberno e Vilalba Aberta

O acordo de investimentos nas parroquias acadado por Vilalba Aberta co Goberno segue a materializarse. Desta volta a quenda foi para o remate dos traballos de pavimentación, conservación e limpeza de noiros no vial que lle da acceso ao núcleo de Fontechousa, na parroquia de Distriz.

Leer más

O goberno local despreza ao rural de Vilalba ao votar en contra das iniciativas dos populares para mellorar pistas e instalacións deportivas

O Grupo Municipal do PP de Vilalba condena tralo pleno deste xoves “o desprezo do goberno do PSOE ao rural e, polo tanto, aos veciños das parroquias”. É que o PSOE votou en contra das iniciativas coas que os populares reclamaron solucións ás necesidades do rural. Unha delas era un plan de reparación e mantemento da rede viaria municipal para […]

Leer más

O PP de Vilalba solicita a comparecencia do goberno local para explicar as decisións tomadas sobre a mobilidade e a zona azul no casco urbano

O Grupo Municipal Popular de Vilalba esixe a comparecencia do goberno, a través da alcaldesa ou do concelleiro no que delegue, para aclarar certas cuestións en relación aos problemas de mobilidade no casco urbano que provoca prexuízos a veciños, visitantes, empresas e comercios.

Leer más
1 12 13 14 15 16