Avelaíña achégase á historia de Ponteareas cunha visita ao Museo Municipal

A veciñanza ponteareá continúa a coñecer a historia da súa vila a través do Museo Municipal. A semana pasada un grupo de 15 usuarios e usuarias da Asociación Avelaíña visitaron as instalacións e realizaron un percorrido no que se achegaron á historia de Ponteareas dende o paleolítico ata a actualidade, pasando pola cultura castrexa ou pola época medieval.

Leer más

O mercado ambulante volve á Praza de Bugallal

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, reuniuse este luns coas e cos integrantes do mercado ambulante para comunicarlles o cambio de localización dos postos, que volverán á Praza de Bugallal dende esta mesma fin de semana. Este cambio afecta aos postos do sector téxtil que por mor das obras de transformación da praza foran reubicados noutros espazos nos que […]

Leer más

Ponteareas acolle este venres 16 de setembro unha sesión de ioga na rúa

Achegar ás e aos ponteareáns a un deporte que combina a relaxación con movementos, fomentando un equilibrio físico e mental. Ese é o obxectivo da sesión de ioga na rúa que pon en marcha o Concello de Ponteareas este venres 16 de setembro, unha actividade accesíbel para todos os públicos coa que gozar duns intres de lecer diferentes. A sesión […]

Leer más

Ponteareas, etapa final da XX Volta Ciclista a Galicia

A Volta Ciclista a Galicia chega á súa XX edición con catro novas etapas e 600 quilómetros dun percorrido que, un ano máis, pasará por Ponteareas. A vila será a protagonista da etapa final da proba, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de setembro cunha ruta de 125 km con saída e meta dende o centro urbano ponteareán. Todo […]

Leer más
1 2 3 4 5 6 7