O BNG ve positiva a declaración da Coruña como ‘Cidade 30’, e pide que “se complemente con medidas que poñan os peóns por diante dos coches”

O grupo municipal do BNG avalía como positiva a declaración da Coruña como Cidade 30, unha medida adoptada este mércores pola Xunta de Goberno Local despois de que o portavoz da formación nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera, urxise a súa posta en práctica o pasado 4 de maio

Leer más

Avia Veira pedirá no Pleno deste xoves “axilizar as axudas de bono-taxi para persoas con mobilidade reducida”

A concelleira do BNG Avia Veira vaille dirixir unha pregunta ao Goberno Local, no Pleno deste próximo xoves, en relación á convocatoria de axudas de bono-taxi para as persoas con mobilidade reducida

Leer más

O BNG defenderá este xoves unha moción para esixir “a derrogación da Lei Montoro e permitir ao Concello destinar o superávit a reactivar a economía”

O portavoz do BNG en María Pita Francisco Jorquera vai defender no Pleno do Concello deste xoves 14M unha moción para esixir a derrogación da Lei Montoro, un texto legal aínda en vigor que impide ao concello da Coruña destinar o seu superávit orzamentario a combater os efectos socio-económicos da crise da Covid-19

Leer más

O BNG da Coruña pide na Xunta de Portavoces “axilizar a concesión dun anticipo do 80% das subvencións ás entidades sociais” con convenios co Concello

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, demandou hoxe na Xunta de Voceiros que se axilice a concesión dun anticipo polo 80% das subvencións ás entidades sociais que teñen suscritos convenios co Concello

Leer más
1 2