A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pide autorización á Xunta para realizar traballos de consolidación en Caldaloba

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo solicitou á Xunta de Galiza autorización para realizar traballos de estabilización e consolidación na Torre de Caldaloba, en Cospeito. Atendendo ao deber legal que lle atribúe a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, que obriga aos titulares de dereitos sobre bens protexidos a evitar a súa destrución ou deterioro, a Vicepresidencia da Deputación de […]

Leer más

Lugo, Vilalba e Burela acollen novas presentacións do libro de Antón Meilán sobre a torre de Caldaloba

Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. Loita, resistencia e morte, de Antón Meilán, será presentado este venres no Vello Cárcere de Lugo, nun acto organizado polo Clube Cultural Valle Inclán, o Centro Social Mádia Leva, A.C. Lugo Patrimonio, A.C. Cultura do País e Amigos do Castro de Viladonga

Leer más

Antón Meilán presenta este sábado, na Casa-Museo Manuel María, “Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. Loita, resistencia e morte”

A publicación insérese dentro das actividades e accións reivindicativas con que  que entidades da Terra Chá e concellos limítrofes están a demandar que Caldaloba pase a propiedade pública e se leve a cabo a súa recuperación e posta en valor

Leer más

Nova acción reivindicativa das entidades culturais da Terra Chá para a recuperación da Torre de Caldaloba

Roteiro, xantar e foliada este sábado, 11 de setembro, en Caldaloba ——– As entidades culturais da Terra Chá e de concellos lindeiros levarán a cabo unha nova acción reivindicativa para exixir a necesidade urxente de recuperación da torre de Caldaloba ou Vilaxoán, importante ben histórico e patrimonial galego, que se encontra nun estado absoluto de abandono e sen previsión de […]

Leer más