Veciños de Tameiga e traídas de augas solicitan a retirada da Cidade Deportiva do Celta da Bienal de Arquitectura

Presentaron varios escritos para informar á comisión organizadora sobre as irregularidades do proxecto e o malestar social que provocou. Consideran que a destrución dunha área forestal é incompatible cos valores de sustentabilidade que defende o certame

Leer más

A Comunidade de Montes de Tameiga presenta querela contra o presidente do RC Celta de Vigo, Arévalo e toda a Xunta de Goberno do Concello de Mos.

Tamén solicitan na querela que se esixa á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a elaboración dun informe sobre se as obras proxectadas e construídas son catalogables como obras e instalacións imprescindibles para o uso de actividades de carácter deportivo ao aire libre ou se se trata da implantación dun equipamento deportivo para o que se require a tramitación dun […]

Leer más