Carballo: Senda Nova súmase á celebración do Ano do Xestal cunha nova ruta que percorrerá os lugares vinculados ao artista

A Asociación Ambiental Senda Nova súmase ao Ano do Xestal. Neste 2023 conmemoramos o 90º aniversario do nacemento e o 30º cabodano de Carlos Díaz Gestal, cantante, músico, humorista, activista social e político… gran artista e mellor persoa, que pasou entre nós boa parte da súa vida. Coa colaboración do movemento asociativo queremos honrar a súa memoria e recuperar e […]

Leer más

Un total de 150 persoas participan nos obradoiros de memoria que se celebran en nove parroquias do concello de Carballo

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañado polo presidente de Afaber, Jesús Villar, achegouse hoxe ata o Pazo da Cultura para intercambiar impresións coas participantes no curso de memoria organizado polas concellarías de Benestar e Terceira Idade. A actividade, que se desenvolverá ata o mes de maio, forma parte do programa de envellecemento activo do Concello de Carballo. Os cursos […]

Leer más

As concellarías de Sanidade e Educación colaboran nunha campaña de saúde bucodental que chegará a 1.200 escolares

Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Saúde Bucodental, desde as concellarías de Sanidade e Educación poñemos en marcha unha campaña coa que pretendemos chegar aos 1.266 nenos e nenas de tres a sete anos escolarizados no concello de Carballo. Por que esta franxa de idade? Porque segundo a última Enquisa de Saúde Oral en España, un terzo dos/as menores […]

Leer más

Concello de Carballo e empresariado presentarán á Xunta unha proposta de mellora do proxecto de ampliación do polígono de Bértoa

O Concello de Carballo e a asociación de empresarios do polígono industrial de Bértoa coinciden en que o proxecto de ampliación presentado pola Xunta de Galicia é mellorable, e nese sentido traballan na elaboración dunha proposta conxunta que contribúa a facilitar a implantación de novas empresas para trasladarlla á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Hoxe celebrouse na casa […]

Leer más

O xefe superior de Policía de Galicia foi recibido hoxe polo alcalde e visitou as oficinas de tramitación do DNI

O vindeiro luns 20 fará seis anos da apertura da Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional de Carballo, unha oficina que achegou á cidadanía un servizo fundamental e que goza dunha excelente valoración por parte das persoas usuarias. Coincidindo con este sexto aniversario, o xefe superior de Policía de Galicia, Ramón Gómez Nieto, achegouse hoxe ata Carballo para […]

Leer más

Carballo acolle esta semana dúas actividades culturais que analizan a catástrofe do “Prestige” vinte anos despois

O 13 de novembro do ano 2022, a costa galega foi escenario dunha das catástrofes medioambientais máis importantes da historia da navegación: o afundimento do Prestige. Vinte anos despois quedan aínda incógnitas por resolver, e esta semana queremos achegarnos a ese episodio da nosa historia recente, que tanto afectou ao litoral carballés, a través de dúas propostas culturais. Dentro das […]

Leer más

O Concello de Carballo realiza un investimento de máis de 700.000 euros na mellora das instalacións deportivas

O Concello de Carballo realizará un investimento de máis de 700.000 euros en tres proxectos que van contribuír á mellora das instalacións deportivas. Hoxe arrincou o primeiro, que consiste na instalación de novas torres de iluminación no campo de fútbol das Eiroas co obxectivo de mellorar a eficiencia do alumeado e adaptalo aos estándares das competicións de primeiro nivel. Ata […]

Leer más

Cincuenta persoas participan nas accións formativas organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo

Cincuenta persoas participan nos cursos de galego organizados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo. As accións formativas arrincaron esta semana no Fórum. O obradoiro de acollemento lingüístico tivo moi boa acollida. De feito, xa están cubertas as 20 prazas ofertadas. Entre os/as participantes hai persoas de distintos países e continentes, que, grazas a esta iniciativa, poderán achegarse […]

Leer más

“Actívate no inverno” arrincou en Aldemunde con case 20 participantes no curso de manexo dos teléfonos móbiles

O programa, promovido polo Concello de Carballo en colaboración con entidades veciñais e consellos parroquiais, continuará en San Miguel de Vilela O programa Actívate viaxou dun extremo a outro do noso extenso concello, dende Noicela e Rebordelos ata Aldemunde, para seguir dinamizando as nosas parroquias coa colaboración das entidades veciñais e dos consellos parroquiais. O alcalde, Evencio Ferrero, quixo achegarse […]

Leer más

Renovada por completo a pasarela de madeira que se estende ao longo de 600 metros polo borde litoral de Razo

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, achegouse ata Razo coincidindo coa fase final dos traballos de substitución da pasarela e das ramplas de madeira do paseo da praia. As obras foron adxudicadas en xullo á empresa Jardinería Arce por 164.064,57 euros e comezaron en setembro, ao remate da temporada de praias, para non afectar ao desenvolvemento das actividades estivais nun […]

Leer más
1 2 3