O Concello de Carballo ten en marcha nestes momentos proxectos de obras viarias por 1,3 millóns de euros

No Concello de Carballo temos en marcha nestes momentos sete proxectos de obras viarias que supoñen un investimento global de 1,3 millóns de euros. Dúas delas están practicamente rematadas tras un investimento próximo aos 50.000 euros: a reurbanización da rúa Lugo, na zona urbana dos Baños Vellos, e o acceso ao centro social da parroquia de Lema, ata onde se […]

Leer más

A rapazada carballesa botou a lingua a pacer nos obradoiros do proxecto Enreguéifate

O proxecto Enreguéifate proponnos este ano que botemos a lingua a pacer, e iso foi, precisamente, o que fixeron os 261 alumnos e alumnas dos CEIP A Cristina e Fogar e dos IES Isidro Parga Pondal e Monte Neme que participaron ao longo destas dúas últimas semanas nos obradoiros de regueifa coordinados dende o Servizo Municipal de Normalización Lingüística. Aínda […]

Leer más

A Cámara da Coruña e o Concello de Carballo asinan un convenio para impulsar o emprendemento

O Concello de Carballo e a Cámara da Coruña veñen de asinar un convenio para impulsar o emprendemento utilizando como plataforma o viveiro de empresas do polígono de Bértoa. O alcalde, Evencio Ferrero, e o director xeral da Cámara, Manuel Galdo, ratificaron hoxe o acordo de colaboración nun acto celebrado na Alcaldía. O viveiro de empresas actuará como incubadora de […]

Leer más

Xa temos gañadores/as do Concurso de Cartel e Programa de Nadal 2022

O Concurso de Cartel e Programa de Nadal convocado pola Concellaría de Cultura xa ten gañadores e gañadoras! O primeiro premio, que ilustrará o cartel do Nadal Cultural e que consiste nun agasallo valorado en 175 euros, correspondeu a David Martínez Botana, de 5 anos e alumno do CEIP Xesús San Luís Romero. Tal como establecen as bases, o centro […]

Leer más

O Concello de Carballo aproba as axudas a 118 familias para pagar as facturas da luz

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria de hoxe a concesión de axudas para o pagamento do subministro enerxético a 118 familias do noso concello. Outras 8 foron rexeitadas por non cumprir cos requisitos establecidos. As subvencións van destinadas ás persoas maiores de 18 anos ou menores emancipadas que estean empadroadas no noso concello cunha antigüidade mínima de […]

Leer más

O Centro Municipal de Formación de Carballo redobra a aposta pola preparación de soldadores/as con equipos pioneiros en Galicia

O Centro Municipal de Formación, dependente da Concellaría de Innovación, Formación e Emprego, volve a apostar pola formación dos mellores profesionais en soldadura. As instalacións do Fórum Carballo son un exemplo a nivel galego. Ademais de ser o primeiro centro galego en utilizar simuladores con realidade aumentada, tamén fomos pioneiros ao incorporar un innovador equipo de soldadura que funciona con […]

Leer más

Nace a Rede de Pobos do Surf, un proxecto estatal liderado dende Galicia pola Mancomunidade de Ferrol e Carballo

Carballo e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, en Galicia, e os municipios de Getxo (Euskadi), Ribamontán al Mar (Cantabria) e Castrillón (Asturias), construirán unha Rede de Pobos do Surf cunha importante axuda económica do programa “Experiencias Turismo España”. O Ministerio de Industria, Comercio e Consumo vén de conceder unha subvención próxima ao medio millón de euros que […]

Leer más

O Concello de Carballo colabora co proxecto “Diversiplás” da asociación Íntegro para darlle unha nova vida aos plásticos

Diversiplás é un proxecto promovido pola asociación Íntegro cun obxectivo medioambiental, que é a recuperación e valorización dos residuos plásticos coa finalidade de darlles unha nova vida, e outro social, que consiste na creación de oportunidades ocupacionais, terapéuticas ou laborais das persoas con diversidade funcional. Pero a iniciativa vai incluso máis alá, xa que permite crear unha rede de colaboración […]

Leer más

As iniciativas de arte urbana de Carballo, protagonistas na Placemaking Week Europa que se celebra en Pontevedra

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, e a técnica de Turismo do Concello de Carballo, Maite Parga, presentaron este xoves en Pontevedra, no marco da Placemaking Week Europe, o proxecto de arte urbana Derrubando muros con pintura como un exemplo da utilización da arquitectura e a creatividade como estratexia para recrear o espazo público. A Placemaking Week […]

Leer más

O Centro de arte contemporánea Manuel Facal terá a súa sede no número 38 da rúa do Sol de Carballo

A sede do Centro de arte contemporánea Manuel Facal estará situado no número 38 da céntrica rúa do Sol de Carballo. Trátase dun edificio propiedade da familia, construído nos anos cincuenta, obra do arquitecto Antonio Vicéns Moltó, que conta con catro plantas (soto, baixo, primeira e segunda), cunha superficie total de máis de seiscentos metros cadrados, ademais duns xardíns na […]

Leer más
1 2 3 4