“É fundamental aclarar se o INTECMAR como organismo público está a recibir fondos da promotora da mina de Touro”

Cornado Mina Non reclama á Xunta unha investigación co fin de determinar se o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia está a ser utilizado a prol dos intereses comerciais da mercantil Cobre San Rafael e si existe participación económica directa ou indirecta da mineira nas súas actividades

Leer más

Segue a farsa no proxecto de Cobre San Rafael

A plataforma veciñal Cornado Mina Non lamenta a falta de criterio e credibilidade da filial de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas ao facer pública a súa relación cun personaxe como José Luis Villanueva e recorda que a compañía, ao igual que as súas empresas matrices, non está en situación de velar pola integridade de nada, e moito menos pola saúde […]

Leer más

A veciñanza de Touro e O Pino rexeita a utilización interesada do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos (ICOG) a favor da mina de Touro

Cornado Mina Non considera lamentable o uso que Pablo Núñez Fernández, delegado en Galicia da entidade, está a facer dunha institución que debería ser de referencia -e por definición neutral- a prol dos intereses privados de Atalaya Mining e a súa filial Cobre San Rafael.

Leer más

A sombra de Trafigura planea sobre a mina de Touro: o accionista de referencia de Atalaya Mining en Riotinto acumula denuncias internacionais por contaminación, corrupción e actuar contra os dereitos humanos

Cornado Mina Non Co respaldo público do conselleiro da mineira en Galicia, Venancio Salcines, ás actividades da compañía, o economista fai gala unha vez máis do seu absoluto descoñecemento dos danos causados polas grandes corporacións transnacionais no seu obxectivo de conseguir o máximo beneficio a calquera prezo.

Leer más

Cornado Mina Non presenta unha queixa ante a Consellería de Emprego e Igualdade pola utilización de persoas en situación de desemprego a prol da mina de Touro

A mercantil Cobre San Rafael está a a inscribir ás paradas e parados que entregan o curriculum no seu colectivo instrumental, autodenominado “Asociación Plataforma de Traballadores Mineiros Touro O Pino” para simular apoio social, dado que a entidade creouse por parte de empregados da mineira co único obxectivo de fragmentar a maioritaria oposición da veciñanza e tentar sacar adiante o […]

Leer más

O novo proxecto da mina de Touro pode supoñer un desastre de “clase mundial” para as comarcas de Santiago e Arzúa, o Ulla e a ría de Arousa

Cobre San Rafael, filial de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas, trata de utilizar nun segundo intento a excusa da transición enerxética para promocionar un proxecto que non é difícil intuir que en esencia en pouco ou nada se vai diferenciar do xa presentado con anterioridade, finalmente rexeitado pola Xunta pola súa inviabilidade técnica e ambiental e desautorizado maioritariamente pola sociedade […]

Leer más

Cornado Mina Non rexeita a utilización de fondos públicos para promocionar ao lobby mineiro nas xornadas “Minerales estratégicos para la industria gallega”

O Goberno galego esquece os seus propios compromisos sobre cambio climático ao apoiar a actividade da patronal mineira que se celebrará os días 20, 21 e 22 nas instalacións da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

Leer más

Cornado Mina Non considera que o novo proxecto de Cobre San Rafael para a mina de Touro é social e ambientalmente inviable

O colectivo veciñal considera unha auténtica “tomadura de pelo” que as dúas empresas promotoras do plan mineiro, Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas falen de satisfacer a través da súa instrumental Cobre San Rafael “as condicións ambientais máis estrictas” cando o seu pasado  de actividade está cheo de incumprimentos e sancións administrativas.

Leer más

Venancio Salcines e o seu paternalismo insultante

Cornado MINA NON Nas últimas semanas coñecemos a fichaxe do economista e empresario Venancio Salcines pola empresa que pretende explotar unha mina a ceo aberto nas localidades de Touro e O Pino. Dende a súa incorporación ao plantel da Cobre San Rafael son habituais as publicacións defendendo un novo proxecto e reescribindo a historia da antiga explotación. Nada extraño se […]

Leer más

Desminten a un enxeñeiro contratado pola mineira de Touro que afirmaba que “a restauración dos ríos só se levaría a cabo de aprobarse un novo proxecto”

Ricardo Juncosa foi contratado pola mineira de Touro para elaborar informes favorables ao novo proxecto mineiro, o cal obtivo unha declaración de impacto ambiental negativa pola súa insostibilidade e por afectar gravemente aos recursos hídricos da zona

Leer más