Sinalizado o tránsito peonil en Samil e Príncipe para garantir a distancia social

O paseo de Samil e a rúa peonil do Príncipe serán sinalizadas con sentidos únicos para que os viandantes non se crucen e poidan respectar o distanciamento social marcado pola pandemia do Covid-19. O alcalde indicou que este xoves acabarán os traballos no paseo do areal vigués e a continuación comezarán en Príncipe

Leer más

Abel Caballero pide “responsabilidade e distancia social” no regreso dos bañistas ás praias

O alcalde de Vigo solicitou aos bañistas que acoden ás praias de Vigo coa entrada en vigor da Fase 2 que respecten o distanciamento social para protexer a saúde. Ademais, o alcalde avanzou que as piscinas de Samil estarán pechadas este verán e tanto as cintas para marcar separacións como o socorrismo comezarán o 15 de xuño

Leer más

Instaladas 520 sinais de distancia social recomendada en terminais de autobuses e áreas de estacionamento da provincia de Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que seis concellos da Mariña xa dispoñen delas e nestes días continuará a súa colocación noutros municipios. As pegadas adhesivas advirten aos usuarios do transporte público de que cómpre respectar unha distancia mínima de 2 metros cos demais viaxeiros

Leer más