Morre o último dos pitiños das cegoñas brancas da Praza Maior de Ourense

As organizacións ecoloxistas Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción Ourense denuncian que aconteceu unha morte que se podería ter evitado. Lembran que foron reiteradas as xestións feitas por eles, distintos escritos e denuncias, reunións e chamadas, para que as administracións competentes actuaran para remediar a situación do aniñamento sobre o guindastre da grúa das obras da constructora Copasa na […]

Leer más

A Coruña e Vigo únense ás cidades contra a volta do turismo dos megacruceiros e as ampliacións dos peiraos

Organizacións veciñais, sociais e ecoloxistas concentraranse o sábado 19 de xuño ás 12h nos peiraos de Vigo, A Coruña, Barcelona, Palma e Valencia para pedir ao goberno español que volva prohibir a entrada dos cruceiros nos portos españois por razóns sanitarias fronte ao covid-19, de saúde pública e de emerxencia climática

Leer más

Instan á Conselleira de Medio Ambiente a “lavar a mancha no historial da APLU pola súa complacencia coas ilegalidades da “cidade deportiva” do Celta”

Ecoloxistas en Acción dirixíuse á Dna Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente para dar conta da grave situación acontecida coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, departamento de competencia da conselleira

Leer más

A Xustiza tumba a “cidade deportiva” do Celta

O xulgado contencioso nº3 de Pontevedra acaba de fallar contra as instalacións deportivas do Celta construídas en terreos rústico de especial protección forestal en Mos. A maxistrada revocou a licencia municipal e declarou a cidade deportiva non conforme a dereito

Leer más

Denuncian a construción dun polígono industrial enriba do Camiño de Santiago en Fonsagrada

Ecoloxistas en Acción denuncia que no Concello de Fonsagrada preténdese construír sobre o Camiño de Santiago primitivo unha ampla rotonda de circunvalación de acceso a un polígono industrial que ocasionaría a destrución completa dun tramo do Camiño Primitivo catalogado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco e Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia

Leer más

Alertan de que a concentración de lindano nas augas subterraneas supera máis de 700 veces o limiar permitido

Ecoloxistas en Acción alerta de que a concentración máxima reflictida nas mostraxes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil alcanzan valores de 29,48 ug/l cando o limiar por afección á saúde marcado por lei é de 0,04 ug/l

Leer más

Denuncian o fraude das Bandeiras Azuis como galardón ambiental

Ecoloxistas en Acción denuncia que as Bandeiras Azuis son un mero reclamo turístico e non cumplen os requisitos mínimos de rigor, solvencia e independencia como pretendido galardón a unha verdadeira estión ambiental e conservación dos fráxiles sistemas costeiros

Leer más

Denuncian que a constructora COPASA incumple o seu compromiso e pon en perigo á familia de cegoñas (Vídeo)

Amigas das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción denuncian que a constructora Copasa acordara con eles e a Consellería de Medio Ambiente ralentizar as labores da grúa na que aniñou unha parella de cegoñas, pero non está cumplindo o acordado e o guindastre está funcionando a pleno rendimento poñendo en grave perigo a vida dos pitos

Leer más

A redución do límite de velocidade nas vías urbanas servirá para reducir accidentes e mellorar a calidade do aire, pero hai que asegurar que se cumpre

Este 11 de maio entran en vigor os novos límites de velocidade nas cidades, marcados pola reforma do Regulamento de Circulación de Tráfico. As rúas cun único carril por cada sentido, que son o 80% das rúas dos núcleos urbanos galegos, verán reducida a súa velocidade, por fin, a 30 km/h

Leer más
1 2 3 4 6