En Marea esixe o cese inmediato do Director Xeral de Montes tralo inferno vivido en Ourense

Dende En Marea esixen responsabilidades ante a dramática situación que un verán máis, azota a provincia de Ourense, motivo polo que piden “o cese inmediato do Director xeral de Defensa do Monte da Consellería de Medio Rural”, así como “que dende a Xunta se elabore dunha vez un plan de prevención para evitar estas catástrofes”.

Leer más

Pancho Casal: “O que pasou en Galicia coas residencias privadas foi un atentado contra os dereitos humanos”

O candidato á presidencia da Xunta pola Marea Galeguista, Pancho Casal, mantivo hoxe unha xuntanza con familiares de usuarios da residencia DomusVi de Aldán, en Pontevedra, acompañado da cabeza de lista pola provincia, Peque González. Casal anunciou que o primeiro que farán no novo Parlamento tralas eleccións será “constituír unha comisión parlamentaria para dilucidar as responsabilidades políticas derivadas da situación […]

Leer más

Marea Galeguista: Pancho Casal esixe a Feijóo que actúe xa e presente un plan industrial de futuro para a Mariña (Vídeo)

O candidato á presidencia da Xunta pola Marea Galeguista, Pancho Casal, reuniuse esta mañá co comité de empresa de Alcoa nas instalacións da factoria. Casal estivo acompañado pola covoceira de En Marea, María Chao; polo secretario xeral de Compromiso por Galicia, Piñeiro Docampo e polo candidato da Marea Galeguista e traballador de Alcoa, Javier Arca

Leer más

Por qué non hai candidatos do P.G. nas listas de Marea galeguista?

opinion@xabier.gal @xabiergzalez “Queda moito, pero xa quedou máis; dubido, con razóns de peso, que as forzas que presentan candidaturas nas Parlamentares do 12-X perduren 90 anos… é máis, sospeito que algunhas non van ter percorrido alén dos 90 días. Abofé que o tempo é noso, que non o temos emprestado por ninguén e que dependemos das nosas propias forzas e […]

Leer más

En Marea: “Xunta, Estado e o Principado de Asturias teñen que evitar o peche de ALCOA”

En Marea acompañou hoxe aos traballadores de Alu Ibérica nas súas reivindicacións na Praza de María Pita da Coruña. O covoceiro da formación, Pancho Casal, afirmou que “algo cheira moi mal na venda da antiga Alcoa ao Grupo Riesgo”. Para Casal, “parece que Parter tomou o pelo ao Ministerio e a Consellería de Industria” pois non entende como “unha empresa con 70.000 […]

Leer más

En Marea. Paco Casal: Alcoa non se pecha. (Vídeo)

En Marea propoñen, en primeiro lugar, que o Estado, co apoio da Unión Europea, garanta a supervivencia da produción de aluminio primario en España e Europa, o que se concretaría nunha entrada temporal do Estado español no capital de Alcoa San Cibrao, en porcentaxe suficiente que garantira o futuro da planta ata que se supere esta situación conxuntural.

Leer más

En Marea instan a Feijóo a reclamar ao Goberno do Estado medidas para abordar de xeito íntegro as emerxencias social, feminista e climática que vive Galicia

Para En Marea as emerxencias social, feminista e climática que vive Galicia foron e seguen sendo ignoradas por completo polo goberno de Feijoo por iso instan ao Presidente da Xunta a que alén de asumir as responsabilidades polas competencias que lle son propias, demande ao goberno do estado unha batería de medidas urxentes e esenciais para encarar a última fase […]

Leer más

En Marea: No Estado de Alarma o Presidente da Xunta renunciou ao autogoberno de Galicia

En Marea asegura que durante o Estado de Alarma o Presidente da Xunta renunciou ao autogoberno de Galicia, non só porque a Deputación Permanente forma parte das institucións de autogoberno, por tanto debe respectala e comparecer con regularidade, senón porque durante este tempo tampouco a Xunta exerceu unha defensa do estado autonómico e do noso marco de competencias como País. […]

Leer más
1 2