Detectadas unhas partículas moi enerxéticas preditas polo IGFAE hai 25 anos

Institucións e universidades americanas e europeas detectaron por primeira vez unhas partículas producidas en colisións nucleares cobre-ouro no acelerador Relativistic Heavy Ion Collider (RHIC) do Brookhaven National Laboratory (EE. UU.) con ata máis dun 50% da enerxía dispoñible nos nucleóns ‒protóns e neutróns‒ dos núcleos atómicos acelerados na colisión. Dese xeito, as partículas producidas son de novo aceleradas

Leer más

IV Concurso de Comunicación Científica (IGFAE C3)

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) convoca a IV edición do Concurso de Comunicación Científica (IGFAE C3), que ten como obxectivo fomentar o interese pola cultura científica e estimular a aprendizaxe da Física e os seus fundamentos. Dividido en tres categorías que pretenden desenvolver diferentes habilidades comunicativas e utilizando ferramentas virtuais e Internet, o concurso está aberto a persoas […]

Leer más

Matemáticas, literatura e mulleres con Marta Macho Stadler no próximo “Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia”

A matemática e divulgadora científica participará o xoves 25 de febreiro no sétimo diálogo do ciclo virtual organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Será moderado polo investigador do IGFAE e profesor da USC José Edelstein ás 20:00 horas e poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do IGFAE

Leer más